A Xanela das Letras Galegas

Noemi Mazoy na visita o Castro de Viladonga
Na nosa visita no día dos castros o Castro de Viladonga, tivemos a grata de sorte de escoitar esa doce voz de Noemí Mazoy, quen nos deleito cun abano de cancións nas que cabería salientar o xénero lírico. Sendo tan prometedora, que en pouco tempo  poida que  Lugo, a parte da cidade das Murallas, se lle coñeza como ese referente a  onde viu a luz  este portento. Madialeba,  con ese extenso currículo que  poida que chegue a talla dunha  Monserrat Caballet.

Así que non tiven por menos que argallar coas letras, e trebellar no meo miolo este enguedello: Mentres, os nosos parabéns.

Dende a cabeza ata os pes

Con zoquiños de Madeira

E esa voz tan peculiar

Estibemos caladiños

Para oíla cantar.

Alí tan enmarañados

Como si tales trebellos

Argallados con acougo

Nun silencio desmedido

As cancións con agarimo

Da xoia do xénero lírico.

E que o seu timbre de voz

Chegaría o mesmo ceo

Que se eleva docemente

Ante a expectación da xente.

E todo tan envolvente

Que sen ser gran entendido

Vai engaiolando a  mente

Comments

O cabo de ano
Chegou o día que facía un ano que o defunto marchara deste mundo con aquelo que din, co posto, e había que facerlle o cabo de ano. E según di o crego, sómente as boas obras, son as que se levan dista vida, o demais todo queda aquí. O único se a familia se lle esquece aquelo de sacarlle o móbil, que coas presas xa  ten ocorrido, e daquela o personaxe finado, non esta pola labor de collelo, máis que nada por estar de corpo presente. Así que cando se ía achegando a hora do acto relixioso, as xentes íanse poñendo por moreas ata a porta da igrexa. Algúns atrévense a entrar no templo del señor, como ben di o obrante da misa, o resto montan o parladoiro alí o carón, e neste fálase de todo, como a trata do gando, a cota leiteira, ou o prezo dos coxos, que moitos están de acordo que van moi baratos. De tal xeito que todo aquelo vaise ferbendo a lume lento como se tal caldo, a todo isto, seguen chegando xentes os que son sometidos as olladas dos  presentes, para ter en conta as vestimentas e os decoros de cada quen.

O pouco, sae o crego a marcar os catro picos da campá que sinala o comezo do acto, as persoas seguen a ferver xunto da porta de tal xeito, que case fan alí un tapón que impiden o pasar dentro, mentres que o corredor central esta baleiro totalmente, nisto que o da antiga sotana di os alí presentes.

_Córranse señores, córranse ata preto do altar, que nos os cregos non comemos a ninguén.

Os posibles feligreses óllanse entre eles como con vergoña de tal expresión, xa que aquilo de correrse non era o lugar máis axeitado, nin tampouco o intre, así que movéronse uns poucos, de xeito que como moitos non estaban pola lavar de meterse dentro, e cura seguiu na súa de querer honrar o morto, que para iso estaban alí, engádelles.

_Pero homes, déixense de faladurias e compórtense, que non e mester espallar tanta feira, penso que están a esquecer o motivo polo que viñeron, os que non queiran rezar, afastasen da porta. Pero nada máis darse a volta o da misa, alguén dixo as súas costas.

_E que máis da.

Nisto que o grego volveuse e díxolle.

_Pois non señor, xa que o que máis da non e quen máis ten.

Daquela todos calaron e deixaron que el marchase para dentro, pero como as ovellas case non ai quen lles ate a lingua, o pouco aquelo volvía as andadas.

Dous coñecidos saúdanse o tempo que lle pregunta un deles.

_¿Que tal pola casa?

_Ben, e ti xa vexo,cumprindo co de gañar píos para o día de maña.

_Iso é, ai que tratar de quedar ben por siñas caso fai falla.

_Va¡ todo isto éche cousa de cregos, o defunto isto nin lle vai nin lle ven, eu ben o tiña falado con el, pero, diante dos veciños, xa sabes, hoxe por el e maña por min.

_En verdade que, ollado do dereito ou do revés, canta razón tes.

Fin

Comments

As Cigoñas de Sabarei, xa son máis dunha quincena de niñadas
O longo da estrada en Sabarei, xa son máis dunha quincena de niñadas.Ata fixeron na Chousa preto do río Neira. Estas emigrantes que non precisan papeis,nin entenden de frontéiras, estableceronse preto das estradas como meras vixiantes do trafico. Como se dese xeito quixesen ir espallándose como colectividade. Son fermosas e de admirar como sobrevoan as aldeas dos contornos, semellan como catibas aeronaves que engaiolan as xentes nos seus planeamentos ou cando percorren as pradeiras no bico desas patas tan longas. O feito e que na recta de Sabarei xa teñen a súa casa unhas catro cos seus pitos moi criados, e seguindo a ruta do moble en Bilapedre tamen teñen outro nido.

Xa fai tempo que eu fixera este conto dedicado a eses fermosas aladas, e como intelixentes que poden ser, vai polo miudo iste relano feito na miña forxa, visto dende a panorámica de dos xoves protagonistas, os cales recurren os políticos para que lles ayuden a melloralo mediambiente, devido a falla de ecoloxismo que precisamos nós nistes días o noso carón.

A Mensaxe das Patas Longas

Xulio rematou  axiña  de  xantar, e  como  xa  non  tiña escola, por ser tempada   de veran,  díxollo  os   seus   pais, e   saíu  coma  un lóstrego a dar  unha  volta  coa   bicicleta, xunto  co  seu  cadelo  Pipo. Seguiu a corredoira por entre medio  das  fragas  ollando  os  paxaros,  e todo o  que  respiraba   vida propia  o  seu   redor, a  natureza  para  el  era engaioladora con todaqueles seres vivos diferentes  cores e tamaños, de feituras caprichosas,cos seus cantos, trinos e demais costumes, que o parecer Deus tivera  por ben de poñer na terra para que nós os humanos puxéramos ledicia con todos eles, e soubéramos convivir dun xeito racional sen estragar ningunha destas criaturas que tanta beleza encerran.O raparigo quedouse abraiado ollando para aquel  esquío que cos seus movementos tan particulares comía axiña, case sen perder tempo, debullando no cimo dun piñeiro, aquela peza que sostiña entre as patas dianteiras. O seu rabo e tan tan abondoso que lle faí como contrapeso para engaripolarse polas ramallas saltando dunhas a outras con suma axilidade. Aqueles seres tan agarimosos tiñan un algo especial para facerse coa comida, e o saltar de aquel xeito sen tocar o chan, era algo sorprendente.  Din que en tempos, estes animais percorrían a península Ibérica saltando de unha árbore a outro sen tocar terra tan sequera. Daquela ben sexa pola obriga, ou a que natureza coidábase de arranxar os bosques doutro xeito, a nosa nación atopábase máis rica nestes eidos, posiblemente nestes intres algúns dos homes teñan máis cartos que entón, e o seu poder tanto adquisitivo  como político sexa outro diferente. Pero de seguro que con todo ese capital, non se podería recuperar en algures este recuncho do planeta, tal como  estaba por aquel entón. Pero imos cos nosos personaxes que son os que nestes intres teñen que conformarse co que teñen aí diante do seu nariz e o seu redor, que aínda non é pouco por sorte.
A Pipo, xa o tiña acostumado dende  pequerrecho a sacalo con el de paseo. Cando se mergullaban polas fragas na procura de niñadas de especies gaioleiras, quedaba calado como tentando colaborar co seu amigo Xulio.  Naqueles intres, el quedaba a ollar para eles erguendo as súas orellas  con gran interese. Aquel raparigo  non se sabía o que tiña cos animais, que semellaba dominalos, poida que tivese un certo poder para co seu entendemento, xa que estes non fuxían como facían cando se achegaba outra xente,  eles quedaban alí quedos, ou actuando libremente coma se nada fose con eles, sen importarlles a súa presencia. Era máis, semellaban  atoparse ledos xunto del  como se as veces quixeran falarlle.
Xulio botábase longo tempo falándolle o seu can o tempo que ollaban para os animais, pero a novidade daquel verán ía a ser unha parella tan   peculiar, que despois de sobrevoar a zoa perante un tempo, remataron por facer o seu niño no cimo dun carballo, repolado naquel inverno.
Dúas cegoñas, esas das patas longas, remataban por asentarse preto da súa casa, estiveron barios días carrexando sen acougo, case se podía dicir que leña, porque eran uns garabullos gordos dabondo. Pouco a pouco aquelo íase semellando a un gran sombreiro, a arbore  atopábase nas terras de Xulio case que o pé do camiño, el estaba moi ledo posto que sentíase case como o dono daquelas criaturas, como se as zancudas lle pertencesen. Dada a grandura da especie e sendo a primeira tempada que se asentaban pola zoa, causaba sensación para todaqueles que as ollaban, tentando achegarse a elas o máis preto que lles fose posible,  elas estalicábanlles o seu pescozo longo e quedábanse ollando para as xentes curiosas famentas de querer saber. Os máis atrevidos chegaron en algún intre, a tirarlles algún coio para que ergueran o voo, e velas mellor, pero cando Xulio sabia destas argalladas, rifaba con eles a cotián.
_¿Estades fatos ou que? ¿que carallo facedes? ¿a vosoutros agradaríavos que cando estades cagando vos ceibasen pedras no lombo? ¿ por que lles tedes que tirar pedras? elas non se meten con ninguén, nin tampouco estorban
_¡Bo! tanta cousa por uns sinxelos paxaros- dílle Xosé quitándolle importancia
_Non son uns sinxelos paxaros, son cegoñas, e non ai moitas, por iso ai que agarimalas, non andar a pedras con elas, e máis, son miñas porque se atopan na miña leira ¿ sabes?- reprendelle Xulio enfurruñado
_¡ Non digas parvadas ! as cegoñas son de todos, e non son de ninguén- repon Xosé
_De ninguén non, de remate serán de Deus que supostamente foi el quen aí as deixou- replica o dono do cadelo- pero nestes intres considérome eu o cargo delas, por estar no meu carballo.
_¡Ben o ben! pois quedade con elas, que eu non as quero para nada, e máis, serian uns paxaros moi caros de manter polo grandes que son- remata dicindo Xosé
_Que non te volte a ver tirándolles nada- replicalle Xulio todo serio.

Xosé tiña a súa razón, tódolos seres vivos perténcense a eles mesmos, pero xamais a ninguén en particular, quen aí os puxera, no hábitat de cada lugar, deixáronos ceibos de todo, fomos despois nós os homes quen creamos a escravitude someténdonos, uns os outros sen acougo ata os nosos días. Pero aínda que nos creamos libres e ceibos por este mundo marabilloso, nós estamos máis encadeados que eses animais, xa que non ai liberdade sen cadeas. E esas cadeas, poñémolas nós mesmos moitas das veces, soamente pola avaricia.

O seu veciño marchou de alí dicindo algo polo baixo que o coidador da parella das patas longas non chegou a entender, pero tampouco lle preocupaba moito o que puidese dicir.
Xulio quedou alí, ollando para as cegoñas que erguían o seu pescozo mirando para el, ende o seu niño, como se quixeran darlle as gracias por defendelas dos intrusos. Aqui case cabería aquela poesia feita polo raparigo que poñaia así,

Os días pasan de longo
neses abriles floridos,
e as cegoñas sedentas
rematam por consentilos.
Agadaran varios soles,
pousadas sobor dos nidos
mainiñas e con acougo
a que saian os seus pitos.
E a lei da esperanza
esa que tanto domina,
cada quen loita cos seus
para facer pola comida.

Ende aquel día, dixéralle el moi serio, o seu cadelo  Pipo
_Cando vexas a alguén facéndolles mal ou amolando as aves de mala maneira, ti ládraslle a quen sexa.

Nos días vindeiros, os dous inseparables amigos, o pequeno e mailo can, velaban con interese, tódolos movementos das zancudas,  mentres que elas, un tanto alleas a todaquelo, seguían  con gran esmero, no artellamento do seu niño. De cando en vez, quedaban ollando para os seus protectores, como expectantes daqueles observadores que estaban a seguir os seus movementos a cotián. Unha vez rematada aquela tarefa, a femia quedou no niño a facer a súa posta de ovos, e dende alí ollaban a Xulio e mailo Pipo con gram agarimo, os que facían garda  case  o carón do carballo para que ninguén desacougase as cegoñas. De tanto   velos o pé da árbore, estas foron tomando confianza cos dous persoeiros, de tal xeito que cando aterraban, comezaron a irse achegando amodiño a eles cada día máis, ata chegar o seu carón. Nun comezo limitáronse a andar o redor deles e deixarse tocar  polos raparigos, pero aquela mañá de domingo despois de chegar da misa de dez, cando o cadelo e mailo cativo estaban alí como tódolos días quedos, ollando para elas, achegouse o macho moi o carón do raparigo, fíxolles unha reverencia de pescozo como o cabaleiro a dama cando a saca a bailar, o cadelo fixo tamén un xiro de pescozo como se o entendera perfectamente. todaquelo era moi raro, e de cotián quedóuselle ollando moi fixamente os ollos do raparigo, quen comezou a sentir como unha musiquiña que lle chegaba o seu miolo sen saber certamente  de onde viña, así estiveron un anaquiño ata que sentiu como se alguén lle mandase unha mensaxe a maxina "gracias por todo" a ave afastouse un chisco, e ergueu o voo na procura de algo que levarlle a súa compañeira que estaba a quentar os ovos. Mentres que Pipo ollaba, para o seu amigo, dando pequenos ladridos de ledicia o tempo que rixaba sobor de si mesmo como se estivera tamen agradecido pola confianza,  como se o animal  quixera dicirlle algo referente as cegoñas.  Enm algures, elas facían aquel casteñeteo tan habitual cos seus picos longos, como golpes secos, posiblemente para tratar de aullentar a posibles  inimigos.

A primavera remataba para entrar o veran, e os dous poliños postos de pe no niño, comezaban a dar os primeiros aleteos para  aprender o arte do voar, así estiveron un tempo ata que un día
Despegaron. Os primeiros pláneos eran preto do fogar, pero pouco a pouco, fóronse soltando para ir cada vez máis lonxe. O máis curioso e engaiolador foi, que a familia das zancudas, estaban arreo co Xulio como se foran uns cadelos, mentres que o Pipo non se metía con elas como faría calquera outro can, e máis xogaba con elas como se fose outro elemento da familia, as aves deixábanse tocar soamente polo raparigo, que as deixaba que se metesen na casa. Elas eran moi limpas xa que  non pasaban por onde houbera lama para non emporcarlles a casa. Todaquelo a familia do raparigo víñalles un chisco grande, parecíalles imposible o comportamento de aqueles animaliños e da confianza que ceibaban no seu fillo.
A solaina de  verán apertaba forte, e soamente debaixo de algun arbore sintiase o acougo de fresco que ciebavan as súas ramallas. E mentres os mairandes acougaban debullando a sesta, os raparigos preferian ir ata o río a nadar nas tramquilas augas do Tordea que lles quedaba case que o carón.
Así que aquela tarde, cando Xulio viu a Xosé díxolle:
_¿Queres vir a velos esquíos na fraga?
_Eu xa os vexo na casa- repon o seu amigo.
_¿Como que os ves na casa? - preguntou Xulio
_Claro, meu pai ten unha parella disecada no cimo da moble do comedor- explica o Xosé
_¡Asasinos ! ¿ti parácheste a cavilar? Chega un xigante xunto de ti, céibache un tiro entre ollo e ollo, énchenche a bandulla de palla, e despois de sacarche todo o que tes dentro,  déixante teso para o resto, para poñerte no cimo dun pao para que te teñas,  ¿como o ves? -expuxo Xulio
_Home..., visto dende ese punto, non me agradaría para nada- reponlle
Xosé- pero eso xa non é o mesmo.
_¡Claro! porque nós somos humanos e dominadores ¿e certo?-expon Xulio
_Si, pero nós, somos os que mandamos neste mundo- expresa  Xosé moi seguro do que dí.
_Daquela os animais so son uns ninguén que están aquí para servirnos a nós- segue a dicir o compañeiro de Pipo.
_Eso é, eu penso dese xeito- asegura Xosé
_¿E conque dereito te crees ti, para decidir a súas vidas? ¿que vos fixeron eses animais para que os teñades alí tesos na vosa casa?- pregunta Xulio con interese.
_A min nada,  eso pregúntallo a meu pai que foi quen os matou- explica Pepiño- pero todo iso que me dixeches da palla ¿fixérono cos esquíos?
_Tal como cho digo- asevera Xulio.

Cando chegou a súa casa preguntoulle a seu pai.
_ ¿Como puideches facelo?-O seu pai, como lle fixera así a pregunta tan de súpeto, non sabia de que ía a cousa, pero o Xulio explicoullo de contado- O de matar os esquíos para disecalos, eso non está ben, eu prefería que estiveran rebrincando polas fragas antes de que teñan a bandulla chea de palla, ¿cando os mataches cavilaches de que podían ter filliños? e que puidesen chorar por eles
_¡Ben oh! eu cabilo que tampouco e para tanto, so son uns esquíos- repon seu pai todo tranquilo sen ver a importancia que o seu fillo estaba a poñer naquelo- como eu teños visto noutros sitios, agradábame ter uns a mín.
_Pois eso non está ben ¡que o saibas !-rematou Xosé.
_¡Claro! e se a todo o mundo se lle entoxa ir facéndose para o seu fogar cunha parella desas para o decoro persoal, pronto remataríamos ca fauna- exponlle indignado o seu fillo.
_Tes razón, coido que non o ollara dese xeito- dille o seu pai, apuntareino para os vindeiros.

Cando Farruco, o pai de Xosé, pasou o día seguinte por  onde tiña gardada a escopeta, atopouna case que estragada de todo, como que xa non debería de ter arranxo, o pé dela había unhas pedras como se houberan caído sobor dela da parede, alá o carón do teito, e cavilou que se trataría de algún accidente. Perante o día, o Farruco foi cavilando no acontecido e do mal que lle parecera o seu fillo a matanza dos animaliños, pensou de preguntarlle algo sobre da escopeta pero... despois calou a boca, xa o sabería de calquera outro xeito.
A sospeita de Farruco ía en boa dirección, Xosé fora quen estragara a escopeta co a rabia de ser ela quen causara a morte dos esquíos.

Dende entón, o Pepiño fíxose moi amigo de Xulio, e a partir de alí comezaron unha boa amizade, e cavilar de outro xeito. O tempo que ía con el a miúdo a facer incursións polas fragas, na procura de niños cando era de xeito, coñecendo polo seu nome unha morea de paxaros, tamén se ían decatando de que aparecían outros novos que viñan chegados de outras  terras, porque estas íanse facendo máis quentes, como  a cegoña  que achegara a este lugar polo  mesmo motivo.
Eles vixiaban as costumes de case todo o que se movía, seres miúdos e alados que poboaban a natureza. Os pitos cando saian do ovo, como ían botando a pluma tan engordiño.
_Nestes intres ai que ter moito xeito de   non tocalos, a parte por mor de que non anoxen,  debese  ter a procura de non levar as mans a cachola, se non queres que che caia o pelo- recomendalle  o seu amigo- xa que cando estan a botar a pluma teñen a tiña.
El endesempre lle escoitara o seu ovo que era perigoso para o cabelo, aquela caspa que ceibaban.

O verán fora intenso en emocións xa que xogaran a cotiá sen acougo, ían polo río que estaba moi preto das  súas casas, collían peixes pequerrechos, cunha media vella que lles deran na casa, para metelos nun balde, e ollar como nadaban alí dentro, e despois de telos uns días nos que lles daban migas de pan e  trocarlles a auga a diario, soltábanos de novo no río para que se fixeran grandes.

O colexio xa comezara había unha tempada, e o tempo para xogar íase encollendo de cara o inverno, o outono comezaba a anegar as corredoiras coa folla das ábores.  Xulio sabia que a migración das zancudas atopábase moi de preto, aquel sentir poñíalleme  no peito coma unha dor, eran uns animaliños tan agarimosos, pero non podía facer nada para que se quedaran, era lei de vida,  elas debían de seguir o seu ciclo.

Quedouse moi amargado aquela mañá de domingo cando o macho achegouse a el e ca reverencia acostumada púxoselle ollando fixamente moi de preto; de novo aquela musiquiña, na súa maxina, pero como mesmo mensaxe "gracias  por todo" "ata outra",e saíu voando para axuntarse co grupo e emprender o voo de viaxe a outras terras descoñecidas, para fuxir da friaxe do inverno que se achegaba naquelas terras do norte; aquelas palabras ¿de onde sairían? el soubo que as cegoñas non eran aves falangueiras, pero ben, quixo deixalo como que sería cousa da súa mexina polo debecemento en deixar de telas o seu carón.

Outra vez aquela rutina obrigada dos estudios, a Xulio non lle agradaba nin chisca todaquelo, pero non había outra, seus pais dábanlle a brasa que se tiña que facer un home, e para chegar a selo de ben, tiña que estudiar e aprender moitas cousas que lle serían necesarias para o seu desenrolo no día de mañá. Xa que o futuro cada día era de máis concorrencia e so os mellores terían as máis boas oportunidades para abrirse camiño na vida, os demais teríanse que conformar co que quedase, pero Xulio tíñao moi claro, aquelo dos libros non lle agradaba, el seguiría a de seu pai, fontaneiro de profesión, aquelo de guiar a auga por un tubo resultáballe interesante.

A volta da escola o día era xa máis curto e despois de facer os deberes xa case non quedaba tempo para nada por non contar que o frío tampouco chamaba a estar fora, pero aínda quedaban os sábados e domingos. Preto da súa casa  tamén tiña nogueiras de onde os esquíos  achegabanse de cando en vez polo outoniño a roer nas noces que quedaban o alleo, aínda que os seus pais non lles agradaban tanto como o raparigo xa que os deixaban sen elas.  Pola contra  Xulio pasábao moi ben, posto que xogaban con eles subíndoselle as ombreiras e comendo da súa man, Pipo sempre estaba de observador coas súas orelliñas ergueitas vixiando todos os seus movementos. O que era moi interesante era ver como fendían as noces, aquela axilidade con que se defendían dos caparazóns deixándoas de cantado debulladas.
_Dicía meu avó que cando el era rapaz había centos delas- falaba Xulio contra Xosé
_O outro día na escola a profe díxonos que moitos dos animais en extinción son pola utilización abondosa de pesticidas que botan nos campos para matar os vermes, escaravellos e demais, despois cómenos cando teñen o veleno e morren, tamén din, que ai unhas xentes que son os que venden os productos, que teñen granxas de  todos eses bichos inútiles, e cando eles queren espállanos dende os avións para que coman os froitos- asegura o Pepiño- así despois os paisanos teñen que mercar por forza para matalos, e digo eu, como o que queren e sacarnos os cartos, ¿porque non veñen a pedírnolos directamente? sen ter que envelenarnos, o mesmo tempo estarían a frear a morte de moitas criaturas inocentes
_Hoxe os meirandes so saben ir na procura de gañar cartos sen importarlles como facelo, nin a quen poden danar -expresa Xulio como doído- se o pensas ben, o mundo está feito unha porcallada,  ai moreas de merda por tódolos recunchos, polas beiraestradas, polas ribeiras, nos montes, cada quen ceiba aí as súas desfeitas tan alegremente sen importarlle unha gaita se fai ben ou fai mal. Se o que produce todas esas porcalladas ¿por que non as deixa o pe da súa porta unha tempada? xa vería o noxo que da darse de fronte tódolos días con ela, por que temos que ceibarlla a alguén que non a produciu, como son os animais que ai ceibos polos montes.
_¡Anda! que nunha leira que temos nós o pe do monte, alí ai de todo como se fose un mercado, dende zapatos vellos pasando por cociñas, estufas, aparatos de radio, envases de manciñas, o inimaxinable podelo atopar a todo o longo da gabia, tamén está a reverter de cartóns de leite, todo por non pagar corenta pesos o mes. Algúns ata se atreveron a dicir que todos eses cartos poden mercar unhas zapatillas, e de vergoña- repon o Pepiño- se tés un pouco de tino pódelo artellar coma se fose un rastro, levas unha cousa e podes traer outra, ai de todo, aínda por enriba aqueles que fan esas cochadas son os que máis teñen que falar.
_Nestes tempos que percorremos, as autoridades non lles preocupa demasiado esas situacións, mentres lles voten cando o necesitan, o demais non ten importancia, e despois moito presumir de consellerías de medio ambiente,- opina  Xulio cun chisco de rabia- non sei para que están ai  parte dos funcionarios,  a non ser para velas vir, o mellor meténdose con algún de nós que estamos a beira do río tentando coller un peixe cunha caña, e aquel que ben coa súa cisterna emporcada a lavala non o collen, no peor dos casos ata non o ven, e vaise tan tranquilo. En verdade, ben  de ser  unha vergoña.
_Eu se fose quen mandase ía a convocar un premio  aquela aldea que demostrase ser a máis limpa- expon o Pepe
_Poida que fose unha boa idea- engade o Xulio como emocionado- así os veciños  andarían a ter máis xeito con non emporcar, e pode que co tempo, e un chisco de guía por parte das autoridades municipais, puidese acadar algúns resultados positivos, ¿ti crees que nos escoitarían se imos a falar con eles?.

_Non sei eu..., esas xentes endesempre andan moi engaiolados coas súas cousas, e  a dous cativos coma a nós non lles farían moito caso, pero..., por tentalo que non quede.
E como xa o tiñan seguro, aquela mesma mañá no recreo das doce, os dous amigos depuxeron de ir a falar co mandamáis do concello, posto que se atopaba case que de preto da escola. O chegar as oficinas municipais déronse cun empregado, que o ollar os dous cativos por alí, preguntoulle
_¿Vosoutros que queredes?
-Queremos falar co señor alcalde- dixo Xulio todo enteiro facendo de voceiro.
_¿Co alcalde? ¿e para que queredes falar con el?- preguntoulle  de novo o escribente que estaba alí para evitar no posible que ninguén lle fixera perder o tempo a autoridade.
_Esas son cousas nosas e nada máis llas diremos o manda máis- engadiu Xulio todo ergueito
_ Non sei eu..., se vos poderá atender, pero ben voulle preguntar a ver.
O escribente marchou para dentro de outro departamento que podería ser o despacho do señor alcalde, o cabo dun intre voltou e díxolles:
_Tivestes sorte arestora non ten ningunha visita, podedes pasar, pero... non argalledes nada por ei, nin o amoledes con parvadas.
_Nosoutros non somos xente lixeira coma algúns maiores- díxolle Xosé polo baixo, cousa que o dependente das oficinas colleu de contado e fíxolle ceibar un sorriso, dicindo.
_Carallo para os cativos, que claro o teñen.
Os dous compañeiros de colexio pasaron o despacho do alcalde, quen os atendeu de contado, erguéndose da mesa para saír a  recibilos
_Vos días rapaces ¿ a que se debe a vosa visita?.
_Vímoslle a propoñer unha idea para rematar co lixo que ai ceibo sen control polos recunchos do concello- seguiu de voceiro Xulio
_¿E cal é esa brillante idea ?- preguntou o mandatario
_Propoñémoslle que convoque un premio a aldea máis limpa e libre de lixo do concello, por ver se as xentes teñen conciencia do erro que estamos a cometer,  esquecéndonos das desfeitas, así o mellor os maiores como lles gustan tanto os cartos, aínda que tamén a nós os máis cativos, o mellor anímanse a colaborar- seguiu expoñendo Xullo
_Xa sabe vostede, que algúns polos cartos perden o cu- dixo Xosé
O mandatario do concello quedou ollando para os dous un intre cun sorriso entre dentes, dándose por aludido, pero calou, aquelo de perder o cu polos cartos, non sabia se ía con segunda, pero había moita xente nesa procura, na que tamén se podía contar el. Pero o que se lle facía novidoso era que aqueles dous raparigos estiveran preocupados por algo que as  persoas feitas e dereitas tíñanlles sen coidado.
_Esta ben, pensareino e xa bos direi algo disto, pero non caerá en saco roto, pódovolo asegurar.
_¿Que nos quere dicir con eso?- pescudou Pepiño
_Que, posto que a idea ben de vos, estudiareino con interese, ¿quedades contentos?- preguntoulles o rexedor cun sorriso nos
beizos
_Se é así, ímonos contentos, pero non sei eu, vostedes os políticos son desas xentes que endexamais dicen que non, pero despois, fan o que lles da a gana- rematou  dicíndolle Xulio todo sereno
O rexedor quedábase abraiado movendo a cachola e sorprendido, cavilando, como que xentes tan cativas tiveran aquelas respostas tan axeitadas, de tódolos xeitos, foinos despedir ata a porta do despacho, e aseguroulles que o estudiarían no próximo pleno ordinario. Era evidente, que tamén se podía aprender dos mais cativos,deles tamén podían saír boas ideas, e aquela non ía desaxeitada

Pasara xa todo o inverno, todo aquel tempo tan longo para os cativos onde non teñen case a que adicarse, se non fora polas tarefas da escola que a veces abonda con elas, xa que os días son tan curtos que cando queren decatarse xa non lles queda luz,  e soamente reina a escuridade. De tal maneira que o tempo de lecer queda recunchado a pouco, pero queda a esperanza da desexada próxima primavera que traerá aqueles fermosos xermolos que darán vida a outra xeración, e con eles as agardadas cegoñas que alegraran os días dos dous inseparables amigos.
O inverno coas longas noites de choiva, xa ía quedando lonxe de aquelas datas. E no despuntar da nova quincena de marzo,  a Xullo xa lle tardaba que as súas amigas non chegaran, el sentíase magoado por non telas alí de preto.
Despois da volta do colexio, el e mailo seu amigo Pipo bótanse as horas ollando o ceo por mor, e se un casual apareceran planeando, atrasaban a súa volta ¿ porque que seria ?. Pero aquela mañá o erguerse e mirar pola fiestra, e viunas pousadas picando no chan, o corazón deulle un brinco, sen pensalo nin chisca votou escaleiras  abaixo, e abriu a porta para ir na súa procura, elas non se asustaron o velo correndo na súa procura. E máis, cando chegou o seu carón, o macho quedou maino coma un cadelo cando  lle pasou a man polo pescozo en son de saúdo, elas ollábano fixamente coma se quixeran falarlle e darlle a súa novidade de estar tanto tempo fora daquelas terras, e de onde estiveran. Xulio por fin xa as tiña o seu carón e podía de novo ser o seu amigo compartindo o tempo con elas.

A primavera comezaba a estalicar nos seus días, e con eles os paxaros ían aderezando o entorno cos seus gorxóns, que todos xuntos facían coma unha fermosa banda de músicos da natureza, que por intres poñía a pel de pita o sentirse tan ben acompañados. Sobre todo o alumear o día, aquel silencio roto soamente polo trilar dos paxaros, o cheiro da saraibiñas, ese orballo do amencer, non se sabe o que é, pero... todeste  comezo da  vida,  ten unha beleza  especial, e dándolle o seu ton, o cantaruxar dos galos.

Xulio e máis Xosé, nos fins de semana, saian a veces cediño para gozar desas pequenas cousas co que a natureza nos agasalla, posto que son uns devecidos polo medio natural, e arestora que voltaban a ter alí as súas amigas, máis aínda. As xentes dos redores non chegaban a entender que as aves fosen tan agarimosas cos dous rapaces, xa que en algures seguíanos a calquera recuncho como se foran uns cadelos, tamén elas  quedábanse ollando para unha rosa cando Xulio o facía, este daba gracias a Deus por vivir alí tan de preto a todaquelo, e a seus pais tamén por habelo traído de pequerrecho aqueles paraxes, posto que el fora nado nunha gran cidade, aínda que despois andando no tempo botaría en falla en algures o ferver das xentes e o ambiente deses eidos, pero arestora estábao vivindo a tope. El tíñao moi claro había que sacarlle partido o presente e o día a día. Xulio, case cada verán voltaba aquela gran cidade na que chegara a vida, alí tiña aínda case que toda a familia tanto por unha banda coma pola outra, Xosé pola contra descoñecía todo ese ambiente, e non o valoraba tanto, como fora nado no rural non podía ver as diferencias, por eso o fillo do fontaneiro podía comparar o modo de vida de cada lugar.

Era xa de noite e Xulio quedou alí un bo anaco ollando para as estrelas que fermosas eran, ¿que habería detrás de todaquela aboveda azul farta de estrelas ? unhas ciscadas sen xeito pero outras aliñadas como por entoxo de alguén, e facendo figuras xeométricas, todaquelo tiña que ter unha explicación, el non daba creto a que estiveran alí por capricho, tiña que haber outras razóns de peso, sobre todo eso, xa que pesar pesarían o seu, Xulio facíase moreas de preguntas ¿quen ordenaría o mundo? quen o fixera non se lle movía un pelo de parvo, así
estibo perante un  tempo, alí ollando para o ceo con gran interese  ata que súa nai o chamou para dentro.
_¡Papa! estou moi ledo de ter a nosa casa preto das fragas e deste río tan fermoso que pasa o noso carón, a cidade gústame moito -dicíalle referíndose os dous- tamén e moi fermosa, sobordado cando imos a praia, pero... o campo e algo que me chifra, o ollar tanta natureza xunta, o poder percorrer as corredoiras e vieiros ca miña bicicleta e cos meus amigos, aínda que sexan poucos, e algo que me engaiola.
_Pero na cidade atopase todo máis limpo e ai alumeado nas rúas, están as cousas máis de preto- díxolle súa nai por saber o seu cavilar-  sobordado as lambetadas.
_Si, pero alí non se pode ollar para as estrelas con tanta liberdade e tan claramente coma aquí, e o alumeado, xa o poñerán algún día -respostou o cativo con toda a natureza- ¿sabedes unha cousa? saíu nas noticias que un astrónomo, ollando por un deses grandes telescopios que dan voltas polo espacio, atopou preto da osa maior unha morea de galaxias que podían representar multitude de posibilidade de vida
_Eu entendo pouco desas cousas, pero...¿como e que tés tanto interese por ese tema?- preguntoulle a nai
_A papá tamén lle agrada ese tema, posiblemente el me fora metendo un chisco niso. Poda que alá moi lonxe, máis alá da lúa e do sol, haxa tamén outros país preocupados polos seus fillos igual que vos. ¿Como estará aquel mundo? máis cordo ou máis tolo que este, xa que este é abondo ó tolo que está- dicía Xullo con toda seriedade coma se fora unha persoa adulta- xa que eso das guerras nunca o entenderei, ¿porque en algunhes países teñen que andar a cotío rifando entre eles para rematar a tiros e canonazos, o das bombas antipersoais e unha autentica barbaridade, saen polo televexo esas xentes sen pes e sen brazos, ¿que dereito teñen uns seres humanos sobre outros para decidir as súas vidas dese xeito?.
_Tes razón fillo, pero esas preguntas que ti te fas, fanas moitas outras persoas tamén e non atopan resposta- engadiu súa nai mentres pelaba unhas patacas o pé da cociña.
_Xa a vida mesma é un risco, pois tamén escoitei que alá polo ano dous mil dezanove corremos o risco de que un asteroide de tamaño considerado se achegue o noso planeta e impacte contra terra- engadiu Xulio.
_Agardemos que eso non sexa certo, e se é, que os gobernos fagan algo para evitar o perigo- díxolle a nai un tanto asustada

A Xulio e máis Xosé, tíñaos moi preocupados o presente do tempo que lles estaba tocando vivir, todaquelas moreas de xentes que morrían a diario, xa non digamos polas estradas do seu pais, aínda que moitas delas eran por incompetencias do ser human,  polas présas inxustificadas, xa que non era mester ir por las estradas dese xeito, era máis preocupante aquelas xentiñas que chegaban o seu pais fuxindo das extorsións dos seus mandatarios de quenda, que famentos por máis  cartos e podres de diñeiro, posto que moi lonxe de embestilos naquelas nacións  onde os roubaran e nas que estaban a gobernar. Levaban todaquelas ganancias vergoñentas para terceiros países, sen importarlles as necesidades dos seus concidadáns, que faltos de un traballo merecente, caen nas redes das mafias e arríscanse a embarcarse en aventuras estrañas totalmente descoñecidas para eles. Así estaba o mundo e non era doado arranxalo a curto tempo, por eso había intres que os dous amigos dábanse por satisfeitos o  pertencer  o país que os vira nados, e no que tiñan a satisfacción de poder estar con tranquilidade.

Sentiron unha sensación estraña cando aquela maña o profe lles presentou un cativo, que fuxindo xunto coa súa familia, chegaba dunha desas nacións das que son saqueadas por eses seres sen sentimentos, que por pendurarse medallas nos seus casacos, non lles importa un carallo dezmar a terra con tal de saírse coa súa idea perfecta de gobernar. Sen importarlles o ter que arrasar as cidades, sen  cavilar por un intre do mal psicolóxico que sementan nos seus irmáns que fan deles un pouco menos que fuxitivos, espallados por medio mundo, por non dicir enteiro. Se o cavilaran un chisco, non o farían, pero as cousas estaban así e non era doado arranxalas.
Os dous de sempre preguntábanse moitas veces ¿por que eran tan famentos e trapalleiros  os homes? ¿porque aquela avaricia desmedida  por ter e ter sen medida? que  non  se vían cheos    endexamáis, sen importarlles un carallo o próximo. Aqueles dous amigos, facíanse tantas preguntas que non tiñan a resposta, na que cabería esta idea de coller o que non e dun.

Foi camiño de Rosende
pretiño dunha carreira
no cimo daquela fonte
atopei unha moeda
e tiña a cara dun home
daqueles que raxan tela
tan ledo me atopaba
cos cartos na entretela
que eu non me decatara
de que alguén alí a puxera.
Meniño dáme eses cartos
Que eu son o dono deles.
De eso nada meu señor
na fonte eu atopeinos
no chan estaban tirados
alí o carón dela.
Co feito de estar chan
non podes botar man dela
tamén aí puxo Deus
o ceo e maila serra
e non por eso ti podes
lixeiramente collela.

Era unha simple  moeda, sen saberse o balor que tiña, pero os dous persoeiros creían ter o dominio do atopado, e o outro do que perdera. Así é como ambolosdous tiñan puntos de vista diferentes, e como se pode encetar unha liorta por calquera minucia. Deste xeito tamén é como certos países feudais e ata demócratas, tenden a aparafusar as xentes de diversas maneiras, ben pagándolles pouco o bendéndolles cousas que a longo prazo serán perxudiciables para a poboación. Pero o trasfondo e mover cartos e coañar o máis posible. Non se decatan que están a esquecer que ai cousas que non se poden mercar con cartos, que rematan estragándose e despois son en moitos casos case irrecuperables.

_Xosé ¿Que será deste mundo cando nós cheguemos a vellos? Se é que chegamos.
_Non sabería respostarche- replicou Xulio- en sonos, eu imaxínome a Terra coma un xigantesco queixo de Castela, onde os que máis mandan nesta esfera son unha morea de ratos que estén todos atarefados a comer nela sen acougo tentando deixala foupa por dentro, pero ela que é un ser vivo e moi intelixente, farta xa de tanto papón, abre un furado na súa bandulla, e vóltanse as tornas, xa que os tragadores son os tragados por ela mesma, desaparecendo así tódolos parasitos que ten sobre do seu lombo. E daquela, o mundo volta a empezar de novo libre xa de tantos papóns.
_Pero todo eso solo e un sinxelo sono e non vai a pasar- dixo Xosé todo convencido.

De novo as cegoñas comezaron a axeitar o seu niño como tempadas pasadas baixo a vixilancia dos dous amigos xa antigos, elas moi entretidas tan atarefadas por limpar de desfeitas ou material que non lles interesase trocándoas por outras máis axeitadas. Pero unha daquelas tardes que se atopaba Xulio só alí vixiante, ía a ser diferente que os demais días. Cando xa tiña pensado retirarse por mor de ter outras cousas que facer, baixou do carballo unha delas, a que supostamente semellaba ser o macho, fóiselle achegando moi paiseniñamente ata chegar moi preto do raparigo, tanto que este sentiu no seu miolo como unhas estrañas vibracións, como se fose unha mensaxe do das patas longas, seguida dunha fala mental que era recibida por el, que comezaba a dicir o seguinte:
_Como xa sabes nós somos as túas amigas, como decides vos, pero unha gran parte dos humanos témoslles que ter un certo respecto e ata medo, aínda que hai seres como ti que sodes boa xente, outros non o son tanto, e estén a escangallar este precioso planeta. Moitos crense donos deste territorio por entenderse coa fala, pero o que vosoutros non sabedes e que nós, os animais tamén nos entendemos mentalmente e coa mirada, ou con xestos. Se non ti mesmo, mira o teu cadelo cando lle dices algo como te observa e che mira os ollos. A intelixencia está en case todala especie animal, e aínda vexetal. Todo ser vivo ten que pensar por el mesmo para alimentarse e sobrevivir, se non fose así morrería a mioca- seguía espallando a súa conversa a trabes da mente de mozo Xulio aquela alada, explicándolle o punto de vista da súa especie e do resto do reino animal- Si, temos que recoñecer  que vosoutros os humanos rodeástesvos de aparellos para mellorar o voso desenrolo, as comunicacións na distancia, tanto faladas como en transporte, o almacenamento do saber a través dos séculos poñendo todo eso nos libros, e ata hoxe en día noutros sistemas como a informática. Pero con todo iso, non deixades de ser uns infelices, ese estado de placidez que tanto busca a vosa especie, non está no mundo material, se non na mente e na sinxeleza das cousas. Non fai falla rodearse de tantos zarapallos que  moitas veces son case que inútiles. Moitos de vos estades a perdervos polos variados camiños da verdade e colledes o da mentira. Esa mentira artificial, como e o das drogas, ese estado de placidez temporal, e todo un camelo artillado polos alucinóxenos, que non leva máis que a destrucción da vosa especie.
Xulio non daba creto o que lle estaba acontecendo, ¿era posible que aquelo lle estivera pasando a el?, pero axiña lle confirmou a das patas longas, sen tan sequera mover aquela espada picuda, que a parte de servirlle para comer, tamén a utilizaban para graznar.
_Non teñas a máis mínima sospeita, si, son eu quen che estou a mandar esa mensaxe. E seguindo no mesmo. A vosa raza, esquécese de que nós os animais, cientificamente fomos os primeiros poboadores deste planeta. Aínda que outras crenzas digan o contrario, este hábitat e de todos, e débemos respectarnos entre nós, pero sen esquecer o conservar tamén todo o entorno que nos menten vivos gracias o seu ecosistema. Este que é tan automático, e que se rexenera intre a intre, despois da gran batalla que está a desencadear o home na súa contra. Se non olla as noticias, desas talas masivas de madeira nos pulmóns do mundo.
Xulio co seu amigo de Pipo  alí o seu carón, non saia do seu abraio, o cadelo tamén debería estar recibindo aquela mensaxe, posto que tampouco deixaba de mirar a zancuda cun certo interese.
_Coido que estou fato, os paxaros endexamais falaron con ninguén, e menos comigo.
_Esto que che esta pasando e todo certo, non o dubides, e o que vosoutros creedes, que nós non falamos, non o facemos como vosoutros, verbalmente pero si deste xeito, e como podes comprobar, ata nos podemos entender con algún de vos, por eso a través de ti queremos expresarvos as nosas queixas, polo ben de todo o entorno. O ser humano leva por veces un camiño un chisco equivocado, procurándose cousas para que a vida lle sexa máis cómoda, pero está a esquecer que para manter toda esa ringleira de aparellos, terá que traballar cada vez máis, xa que lle crea outros gastos que antes non tiña. Por exemplo: antes íaas os ríos e lagoas a bañarvos, agora facedes piscinas particulares para cada quen, co que se está a precisar máis auga, e esta e unha pequena comparación de moitas. Despois falando de outras cousas que descoñecedes moitos. Algunhas grandes firmas de laboratorio, importaron vermes de outros países para convértelos en pragas que se controlarán con pesticidas feitas para a ocasión. Sen esquecerse da loita contras malas herbas, esas que antes se arrincaban ou se cortaban, arestora estanse a ollar as veiras das corredoiras e camiños, todos marelos que danan a vista, co consabido estrago para o medio, cando o chover ese contaminante vai para os sementados ou comestibles das hortas, contaminando as augas potables e demais.
_Esto vai ser moito para min so- dixo o mozo case con medo.
_Non te desacougues- engadiulle no discurso a cegoña- ¿ maxínaste eu tentando comunicarme cun deses políticos tan atarefados en levar un concello adiante, e moito menos cun mandatario dunha comunidade, saco da cachola. Despois de moito buscar entre o noso territorio, eu fun a escollida entre o consello, e ti entre os humanos, así que cada un de nós deberíamos facer aquelo que e mester. Remato dicíndoche, que e un noxo ver como se está estragando o hábitat natural, os montes a reverter de desfeitas, os homes non se paran a cavilar que ás xeracións vindeiras, vanlles a deixar un porcallada de mundo onde malamente poderán sobrevivir,  quen os maldiciran por non ter ese mínimo decoro de conservación con aquela que lles deu todo o que teñen, que e esta fermosa Terra.
_Pero eu pouco podo facer para corrixir eses erros- repuxo Xulio.
_Ti poderías facer grandes cousas se te propuxeras. Xunto con ese amigo teu, xa se vos ocorrerá algo con que encetar a idea.

O cativo non daba creto o que lle acababa de suceder, aquel simpático animal depositara nel, toda a súa esperanza para tentar arranxar o mundo.  Aquelo non llo podería contar a ninguén xa que se rirían del, case nin tan sequera o seu amigo Xosé. ¿ que podería facer para poñer a primeira pedra de aquela gram obra que lle agardaba por facer? A cousa non era doada, pero polo menos ía a tentalo.

Por aquelas datas, científicos do Xapón estaban a facer uns control rutineiras nunha planta embotelladora de auga da nosa comunidade, baseándose en traballos feitos alá no seu pais, sobre a actividade sismográfica. Cando xa levaban certo tempo comezouse a liberar das entrañas da terra xunto coa auga, un gas xa coñecido polos técnicos, como rodón  o que segun eles, cando sae ó exterior este elemento, existe a posteriori a posibilidade de acompañamento tremente. Pero por non alarmar a poboación nestes casos, e non saber certamente a intensidade nin o intre, decidiron anotar como traballo científico.

O Xulio e mailo Xosé, Chamounos o rexedor municipal, recibiunos naquel suntuoso despacho con mesa e cadeira de brazos tallado en madeira de castiro, e alzadeiros con moreas de libros e ficheiros as súas costas. Despois de pasar e pechar a porta un dos aguaciles, o mandatario invitounos a sentarse como se de calquera persoa adulta se tratase.
_¡Imos a ver! Como vos prometín tratei  a vosa idea entre o consello municipal, e démoslle o visto bo para que saia adiante esa iniciativa, e sentímonos orgullosos de que rapaces da vosa idade tente tomar cartas sobre ese mester, ei de recoñecer que tamén podemos aprender da xente nova, e como o futuro sodes vos, porque non comezar de antes a traballar polo bo desenrolo da nosa comarca. Para que vexades que queremos tervos en conta, vaise convocar ese concurso de limpeza xeral, pero teremos que buscarlle un lema, e dicir un nome para editar o bando e poñer en marcha a xente, así que ide pensando como chamalo, deixo a vosa elección. Anotade varios e escolleremos o máis axeitado.
Por outra banda e parello este proxecto que xa pronto será nado, vaise  fundar unha asociación ecoloxista e cultural que levara ese nome, da que vosoutros seredes secretario e presidente, sempre apoiada por nós claro, ¿que vos parece?.
_A nos parécenos... ¡caralludo! ¿verdade Xosé?- repuxo Xulio todo ledo.
Arestora antes de comezar, imos a completar a fase  do reparto de contedores selectivos por tódalas aldeas do concello para que ninguén tente desculparse niso- seguiu a dicir o presidente do concello- ademais repartiranse  tódolos sacos que sexan mester, e dispoñeranse do transporte axeitado para a recollida de materiais especiais como ferros, vidros, cartóns, e outras desfeitas. Tódalas aldeas terán un período de tres meses para facer eses traballos, chegando a tódolos recunchos, balados, gabias, veira estradas e pistas en xeral, os que terán que aparecer como se lles pasaran un peiteador, e dicir, libres de lixo, xunto coa casa de cada quen. Todo esto será sometido a verificacións moi esixentes, as que se lles dará por categorías os `premios merecidos. A primeira parroquia será agasallada coa mellor traída de auga potable xunto coa recollida de augas fecais e máis sospeitosas, e gradualmente as demais serán as seguintes da lista, xunto con todo isto, vanse a dictar medidas estrictas con fortes sancións para todo aquel que siga infrinxindo as normas, e non vale negarse a pagar, xa como e por orde gobernamental poderían chegar a embargárselles as súas contas ou bens. E todo esto non vai a ser ningunha promesa política, se non un feito que comeza a andar xa. Pero de todo isto xa saberedes polos medios escritos falados e visuais pois haberá para todo.
Emocionadísimos estaban os dous solicitantes, que non agardaban que aquela iniciativa chegara a fermentar de aquel xeito, e así llo quixo expresar Xulio o alcalde.
_Eu no nome dos dous, quérolle dar as gracias por botar adiante este xermolo de proxecto de vida, pois moi lonxe da realidade estaba en nós, que esto puidesen tomalo en serio.
_Para que vexades que ai veces que nós os carrozas como nos chamades, tamén vos tomamos en serio- expuxo o xefe do concello- agora que me lembro, paréceme que remata de saír na conversa dúas frases que poderían servirnos como slogan, e mesmo como nome de todo o proxecto.
_¡Xa sei! xermolos de vida, ¿ non e así?- repuxo Xulio
_Certamente, ademais puxéchela ti, véxovos con moita agudeza para escoitar,  eso é pero que moi bo.

Certamente, a campaña botouse adiante por parte do concello cos bando pertinentes co nome acordado Xermolos de Vida . Nun comezo, todaquelo semellaba unha xaula de grilos. Moi poucos fixeron caso as ordes municipais, pero o que si tiñan xa claro moitos, era que xa non se podía seguir vertendo libremente como antes, todaquelas  merdas polos camiños, xa que corrían o risco de ser multados polos gardas de medio ambiente, con fortes cantidades. E tampouco querían ser eles quen contribuíran a poñer cartos para os posibles gañadores. Pero pola contra, estes íanse  rindo daqueles que comezaban a tomar cartas sobre tal erro ecolóxico acumulado dende o desenrolo das poboacións. Por non saber certamente desfacerse de aqueles hábitos negativos. Os máis arroutados na contra, botábanlle cara abondo, facéndolles burla os colaboradores.
_Se queredes, o que vos podemos facer e traervos máis desfeitas para que recollades, e así podedes ser máis pronto os gañadores.
Pero uns hoxe e outros maña, con gana e desganados, foron uníndose o carro pola limpeza do entorno. Algúns que ían máis ala, sempre que puideran ata liscaban de levar o gando polas pistas alcatranadas. Así foi como pouco a pouco, foron desaparecendo de algúns recunchos, todo aquelo que a natureza non producira e lle era molesta. Ata chegou a facerse unha charla para o evento, vindo un especialista no tema dende terras de Castela, onde se expuxeron vídeos de outras comunidades,  onde aquela  iniciativa xa botara a andar facía xa tempo. Tamén esta xornada chegaron aqueles escépticos e negados a facer algo polo futuro. Eles importáballes dúas gaitas que o mundo seguira daquela maneira, atopábanse ben alí rodeados de merda aínda que non fose de gando. Pero cando viron que unha coñecida fundación abalada por unha gran firma comercial, ofrecía un módulo como casa comunitaria para salón de reunións, ou a restauración de calquera local xa existente, os dous primeiros gañadores. A cousa fórona tomando en serio.
A operación Xermolos de vida , ía dando os seus froitos, e deso querían dar fe os reporteiros locais e autonómicos, que de cando en vez ían dando a notíca para que outros recunchos do planeta foran decatándose do que alí se estaba fervendo .
O Xulio e mailo  Pepiño saían en tales reportaxes como os ostigadores de to aquel proxecto, facéndose coñecidos  máis alá do seu país por onde podían chegar as ondas. Pero eles foron os primeiros que providos duns guantes axeitados para ocasión, os que facilitara a Consellería de Medioambiente, e saco en man comezaron a ardua laboura de recoller  que non tiraran outros, mentres que quen o fixera, o mellor estábase a rir deles. Pero iso non lles importaba moito, xa que tamén din que a palabras parvas oídos xordos, o caso era que tal idea,  debida a difusión do acontecer, estábanse a tomar referencia  a aquelo espallándose a outros concellos achegados que tentaban mergullarse na mesma laboura, tentando recuperalo que os nosos antigos deixaron limpo. Aínda que non de po e palla, si de tanta inmundicia, xa sexa por obriga, ou por non ter tantas cousas de que botar man. O que si é evidente, que o desenrolo dun pais non se mide só polos medios económicos dos que ten o seu dispor, se non tamén polo civismo que debe ir parello o medio natural onde respira. Dáse por feito que este tempo que nos toca vivir, non nos preparou para saber desfacernos santamente de todo aquelo que xa non precisamos, e debemos poñernos as pilas se non queremos que dentro de pouco nos chegue a merda os dentes.

Aquela noite dos primeiros do mes das flores, Xulio non durmía cavilando no achegamento do día do fallo do xurado, sería moi vergoñento que despois de ser eles os que tivesen a idea, fosen outros os merecedores do premio, por ser os máis limpos. Por iso el, fixera todo o posible por ter axeitado todo o seu entorno e chegar a tódolos recunchos coñecidos para comprobar que non quedaba nada por limpar. Non sabe aínda como puído con todo, pero era unha data complicada, xa que tiña tamén que levar  adiante os seus estudios, pois os examines remataban no mes próximo, e non era para deixalos abandonados.
Pouco apouco foise afundindo nun sono, que máis que eso era un pesadelo, no que moreas de lixo, plásticos de silos embolados facían xigantescas esferas que ían achegándose as casas tapando fiestras e portas sen deixar por onde saír as xentes, tendo que morrer alí como moscas afogadas nos seus propios bosteiros, e cando se atopaba a punto de quedarse xa afogado e sen aire para respirar posto que seria coma unha conserva máis doutro silo. Un ruído moi fondo como vido do máis alá do noso mundo, ía medrando facendo tremer portas e fiestras, daquela pensou para si sen darlle tempo a outra cousa, este e o fin da nosa existencia. Chegamos demasiado tarde, e a natureza  está a cobrarnos o mal que o fixemos con ela. As portas semellaban cobrar vida e ruxían como se as estiveran abaneando de cotián, ou fendéndoas o mesmo Demo. Daquela súa nai xa estaba xunto  del dicíndolle.
_Imos para abaixo que  pode que caia a casa.
_Pero...¿que está a pasar?.- preguntoulle o fillo
_Esto e un tremor de terra- díxolle a nai- colle o que poidas a presa que imos para o coche.
¡Mandaba carallo! ¿iríaselles a caer a casa enriba? Con todo o que fixera para deixar limpa aquel anaco de terra, e así llo agradecía a nai natureza, naqueles intres lembrouse das palabras que segun pon a BIBLIA e que dixo Deus  “por un, pode ser castigado un pobo”.
Cando estaban a saír pola porta para afora, seguiulle outro máis forte aínda seguido dun ruído inconfundible que non esquecería na súa vida, que semellaba querer fenderse a terra, e dicir, case para irse polas patas abaixo sen sacar os calzos. A terra tremía baixo dos seus pes, e por algures ata podía facer como leves ondas de mar.
Os tremores fóronse sucedendo o longo de todo aquel mes e parte do seguinte, pero máis leves, fillos do pai de preto de seis graos.

Xullo seguía poñendo todo o esforzo para que a súa iniciativa fose a punteira da comarca e para que a aldea onde fora nado tivese o primeiro premio, aínda que quedase algún sen que houbese botado tan sequera unha man. Pero ben, tódalas ovellas non teñen por que ser brancas, en tódolos rabaños teñen  algunha moura.

Despois de facer os deberes cando chegaba da escola, vestíase os guantes regulamentarios, e poñíase aquela ardua laboura que case sempre pouco agradable, de recoller e coañar a pel da aldea onde vivía, polos recunchos máis afastados, toxeiras e carballeiras, atopábase de todo o imaxinable.
As zancudas xa tiñan os seus polos ben criados, cando ala polos finais de xullo, concluía o prazo para outorgar os premios os convocantes da operación “Xermolos de Vida”.
Co gallo deste acontecer foron invitados representantes da Comunidade Autonómica e Deputación Provincial, para quen o concello artillou un festorro no que se entregarían os galardoados os postos merecedores. Alí saíu o pregoeiro para ler unha nota o máis cativa posible, pero de tódolos xeitos espallouse non contido facendo referencia a labor desenrolada por tantas xentes admirables que roubando tanto tempo do seu lecer. Os que había que agradecer os esforzos por tentar acadar un posto privilexiado. Na oratoria, deixou caer o falante:
Nunha de tantas veces como eu saio o río a pescar, por tantos e bos que nós temos o vantaxe de ter por estas terras nosas, alí nunha ribeira, afundida nas augas e non a moita profundidade, atopei unha moneca sen roupa ningunha, cunha ramallo seca funa traendo para a beira e logrei sacala da auga, polas costas tiña unha tapiña onde soen levar as pilas, si, certamente o abrila, alí estaba tiña aínda, era unha desas pilas chamadas de botón, semellante as dos reloxos, pero máis grande, saqueilla e gardeina nunha bolsiña de plástico que levaba na cesta, máis adiante atopei dous peixes mortos nadando sobre das augas, e xa se me sacaron as gañas de seguir pescando, collín tamén aqueles dous e metín todo nunha bolsa xunto co pouco que eu collera, xa que facía tamén pouco tempo que chegara. Marchei do río cunha gran decepción, xa non confiaba nas augas claras e limpas, tirei cos peixes no contedor do pobo, e a pila noutro para tales. Dende aquela pasei moito tempo que non voltei ó río. Con isto quixera que teñades en conta que nós somos os propios coidadores de todo isto, e se o estragamos estámonos estragando tamén nós, non o esquezades. Moitas gracias pola vosa presencia e por escoitarme.

As labouras de control fóranse facendo perante varios días antes xunto cun notario, para erguer acta de tódolos recunchos coa axuda de persoas do concello. Despois de tódolos controles, o xurado terminou por outorgar o primeiro premio a aldea de Xulio e a súa A S. Cultural Xermolos da Vida, logo o segundo mailo terceiro, os seus representantes, recibiron tamén de man daquelas autoridades as credenciais das obras que se acometerían en breve, en recompensa pola labor consolidada.

Aquelo era incrible para os xoves Xulio e máis Xosé que xunto coas familias respectivas estaban que non lles collían os corpos dentro das roupas. Todos estes xunto con outras persoas do lugar, estiveran saíndo polos medios de comunicación, nos diarios e revistas defensoras da natureza, xa que tal campaña causara sensación, e máis por saír a iniciativa de aqueles dous rapaces.

O longo dos vindeiros días en pleno mes do verán, os dous rapaces xunto co cadelo Pipo gozaban do seu tempo de lecer alí o pe dos castiros que tiñan o carón da casa de Xulio, ollando para as catro crías das súas amigas as cegoñas, que estalicaban os seus longos pescozos e as alas antes de comezar os vos de aprendizaxe. Estas colleran tamén moita confianza cos rapaces, ata tal punto que se metían dentro da casa e xogaban con todos sempre con moito tino e agarimo, parecíalles mentira que aqueles animais se puideran comportar de tal xeito, O que non sabían eles era das conversas sostidas entre Xulio e mailo responsable da camada, pero iso polo de pronto quedaría gardado sen que ninguén o soubera, posiblemente algún día dixera algo, nestes intres calaría.
Sabes unha cousa-  estáballe a comentar o Xulio o seu amigo- síntome como quen rematara de botar de enriba do lombo unha gran responsabilidade, e a vez orgulloso de chegar a bo porto por todo esto.
_A min pásame tamén o mesmo- fala Xosé- tiña medo de non acadar o primeiro premio, non por el en si, que me agrada moito, xa veras cando nos poñan a biblioteca, se non para que esas xentiñas que estiveron a rirse de nós, vaian tomando nota, que todo isto foi froito do esforzo colectivo, e que xuntos poderíamos seguir  facendo moitas cousas boas, e non como algúns que andan polas noites ceibos como os cadelos sen rumbo fixo, a procura de facer algunha argallada a quen nin tan sequera se mete con eles.
_Tes Razón, xa verás como irán dándose de conta do logro acadado, cando vexan ese lugar de esparcemento onde poderán xogar a brisca vellos da aldea con cadeiras para todo nesa casa do pobo- replica o dono de Pipo- esa A.S. que levará o nome da campaña. Penso que gañamos unha gran loita contra o lixo, que se fora espallando.
_E certo, e como cando rematas de bañarte, que te sintes limpo e oles tan ben cando a túa nai che bota esas pingas de colonia.
_E verdade, ata o noso redor semella ulir mellor, a terra tense que sentir agradecida, ata as rosas de miña nai ceiban outro cheiro diferente, como se fora máis novo todo.

Case co remate do verán tiñan xa de volta as clases,a escola encetaba de novo a súa actividade, e os profesores que tamén colaboraran o seu naquela loita na contra do lixo, tivérono en conta non primeiro día do ensino, perante as presentacións.
_Nós, o claustro de profesores, queremos dar as gracias a todolos que colaboraron na operación Xermolos de Vida e a brillante idea tida por dous dos alumnos de este centro tan coñecidos por todos, e do que esta saíndo esa preciosa arma ecolóxica como a A.S. que leva tal nome da que son os fundadores e serán que a van a guiar de aquí en diante, terán unha ardua laboura, xa que a batalla non está completamente gañada, se non que todos nós termos que ser os vixiantes do entorno, xa que aínda quedan persoeiros os que pensan que esto non vai con eles. Pero para que esto siga polo bo camiño, para eso deberemos seguir todos xuntos e non tirar a toalla, para axudar en todo, estarán aí os gardas do Semprona para recostarnos e velar polo seguimento dunha terra limpa de lixo. Pero non o esquezades, non se pode ceibar a corda, a loita sigue, nada máis e moitas gracias a todos vos.
Aquelo tampouco caera en saco roto, xa que despois da solaridade entre os veciños traballando todos a unha, había como máis trato entre eles, como se voltaran a tempos pasados onde  compartían moitas cousas onde o trato era outro, sen tanto orgullo por ser autosuficientes. Posiblemente a xente  volta a ser máis sensible, froito da convivencia de tantos días xuntos, e pola contra aqueles teimoso a colaborar coa causa, estábanse a sentir como ailladaos do resto dos normais, xa que os demais dábanlles un chisco do carón.
Aquela tarde cando chegou a casa, díxolle a nai:
_Paréceme que as cegoñas xa marcharon, xa fai dous días que non as vexo.
_¡É verdade! Agora que lembro, eu tampouco as vin onte, as cegoñas son máis amigas miñas do que vosoutros pensades- Deixou caer o raparigo cunha certa desilusión porque aquelas aladas posiblemente non se despediran del.
Xulio foi abaixo dos castiros a ollar para o seu niño como se este lle puidera dicir algo das súas amigas, pero este so era un testiño mudo que non lle podía dicir nada. Elas eran diferentes os imáns de seguro que estaban limpas de envexa e orgullo, non tiñan desigualdade entre elas, e non pelexaban por calquer argallada como facían as xentes, tentando saír por enriba a calquer custe. Afundido  nestas cavilacións, Xulio non se decatara das súa presencia, xa que eran moi sixilosas cando elas querían, ata que estiveron case o seu carón. O seu amigo xefe da camada, fíxolle unhas cóxegas polo pescozo co seu longo pico, o sentilas e darse a volta decatouse del.
_¡Victória!, aínda estades aquí- dixo Xulio case berrando de ledicia.
As seis zancudas rodeárono como se foran a prendelo, pero el ben sabia que viñan a despedirse ata a tempada próxima, marcharían a terras máis quentes afastándose do inverno. Pero elas aínda estaban alí cozándose na súa roupa. Como da outra vez, o xefe da familia púxose diante del o mirándolle os ollos, de novo quixo expresárselle polo medio da mente, usando aquelas verbas telepáticas:
_Xamais maxinamos que a túa axuda puidese chegar tan lonxe. Foi moito ben o que sementaches, vos os dous deixaredes na historia moito de que falar, lembraranse destes feitos as xeracións vindeiras, téndovos nos seus pensamentos. Nestes intres aínda non podedes decatarvos da obra que encetastes. No nome da miña raza quérovos dar as gracias por todo, seguiremos vindo todolos anos coma sempre, pero agora con mais ledicia. De novo voltamos a recuperar e fe nuns humanos.
Pero aqueles animais, aínda descoñezan, a maneira de reaccionar dos seres dominantes do planeta Aínda que esto fora unha excepción de aquelo que, ”ninguen e profeta na súa terra”, quedaba moito por facer, xa que o acontecido alí, sen un esforzo diario persistente, iríase esquecendo no tempo como outras cousas máis, xa que os homes somos moi testás, e sempre estamos a tropezar na mesma pedra. E se alguén fai algo por nós mesmos, nun comezo, o no mellor dos casos,  ata no lo agradecen, pero despois chega a ser unha obriga do próximo, xa que somos pero que moi cobizosos, e a envexa aniña enseguida nós nosos miolos estragándoos. Tardamos moito en aprender dos fracasos, e non damos creto os erros ata despois dun tempo: Impórtanos máis o axuntar cartos, ignorando que con eles non poderíamos mercar todo o que a natureza nos deu sen nada  a cambio.
Con todo que se fixera ata alí, non se podía considerar a batalla gañada, a loita pola conservación do medio tiña que seguir. Aquela era unha xente moi deixada, e estaban na procura de outras cousas, e non era doado facerlles ver que aquela tarefa tiña que seguir no día a día. Estas xentes  estaban máis por outras labouras habituais como o de semellar as terras preocupándose máis dos animais, que era o seu medio de vida, que de eles mesmos.  Moitos pensaban que eso das limpezas era cousa dos concellos, que para iso facían as recadacións e viñan as subvencións da Comunidade Europea, eles tiñan que procurar  armarse de ferros moitas veces inservibles, para emprender a loita con tódolos exércitos de herba que ano tras ano, aínda se atrevía a saír da terra que tanto era maltratada polos certos abonos, pesticidas, herbicidas, e demais contaminantes, que  algunhas firmas comerciais metían no mercado con poucos controles. O tempo xa daría a resposta se eran menos malos ou peores. Aquela derradeira anarquía química tería que ser tida en conta algún día pero mentres, estas xentes que nos toca vivir neste  tempo, teríamos que seguir facendo de coellos relos ata que alguén fixera algo por trocalo de outro xeito, e por chegar a unha conclusi

en yoescribo.com
yoescribo.com

Eladio Bernabé Fernández Rodriguez (Castedo)
obras editadas que podras bajar gratis

Me lo Dijo un Pajarillo
Dos en el camino
El Extrño Yahvé
La Daga Negra
Mäs alla del Dolor- Raquel Fernández Caballero
Sensaciones- poesías
Aquella Llamada
Curiosidad Traicionera
Estilo propio
La Fiesta
O Baiolas de Crecente
Otra Senda
Restaurador de Vidas
Viaje al Poniente

Comments

Trambelosríos-Esa Lenda-en Galicia Encantada
p>Como tal Lenda de Escoureda O Corgo

Votalle unha ollada en: galicia encantada (Trambeloríos)

Falando de dous dos ríos da nosa comarca, segun poñían os nosos antergos, que alí na parroqia. onde se xuntan hoxe o Sarria co Neira, chamado Trambeloríos, houbo o carón como unha cativa aldea coa súa igrexa correspondente. E de supoñer que daquela aínda estes dous non se xuntaban neste luar concreto, pero co tempo e debido a posible variación dos mesmos, a devandita foise afundindo para quedar asolagada totalmente polas augas. Dei que moito tempo despois de todo aquilo, e cando naqueles duros invernos de moita enchente que coañaban os leitos deixados como debullados. Alguén chegou a asegurar que nas claras mediodías dos meses de verán, por intres podíase albiscar o cumio do campanario.

Se e verdade ou mentira
non minto pola miña boca,
se non, quen o contou tal día.
Eu so quero penduralo,
deixalo como pegada
e tan so para que se saiba.

Historia de
Santa María Magdalena de Escoureda

Aínda que botando man da historia exposta na guia do concello do Corgo, podese atopar como referente recollido desta parroquia de Escoureda, que no ángulo que forman os ríos Neira e Tördea o remate da agra de Corneda, tal nome pode que derive da súa feitura como se tal cornamenta de boi. O feito e que hai máis de mil anos, ala polo 976, Adosinda,cumprindo a última vontade do seu esposo Vermundo Gatóniz, doa ó Mosteiro de Samos a vila de "Scaureela", xunto ó río Tordea en Manzaneda.(posiblemente se refira a Maceda).

Poucos anos despois, no 982, consta que Lucio Lucidiz doa os frades de Samos e ó seu abade Mandino a "Villa de Scaureta". E sempre coa igrexa polo medio na data que vai do 982 o 990, no inventario de posesións de San Salvador de Bande en Neira, figura a "Vila de Scaureda, que iacet inter Tordena ed Naria per ubi sous terminos habet et illo ribeiro contra eclesia des casa Arias Armentariz ata casa de don Violenzo II sesigas molinarias".

E para rematar no 993, Lucio e Visclarara doan o mosteiro de Samos as vilas de San Salvador e Santa María de Sala xunto do rio Neira xunto con outros lugares e vilas "et vila alia in Scaureda ab integro.

O feito que estas xentes eran como moi agradecidas e estaban moito polos agasallos pequenos. Suponse que irian coas xentes dentro, e dicir, como se fose un deses paks de hoxe en día

E como se tal lenda máis, tamén se di que nesta mesma parroquia houbo un castro no lugar chamado das Murallas mesmo preto da Torre e xunto do regato da Zoca, no monte mesmo de Estelabello. O feito e que viviu alí unha ancián, ultimo reduto de cando os mouros poboaron estes recunchos, a que lle agradaban moito os raparigos para os que ela mesma facía lambetas e telos deste xeito contentos e ledos.
E a partir desde enguedello, e chafullando no meu miolo, fun argallando esta historia que nalgún lugar ben poidera ser certa como outra lenda máis, pero desta feita, e da miña colleita. Tal conto pódese atopar co nome “Onde Dormen os Reloxos” no blog “Cuentoslugo de Bernabé Castedo.(Enlace a dereita desta mesma páxina)

Comments

Esa Poesia
O Carballo

O noso carballo da porta
ten un tesouro agochado
con máis de douscentos anos,
coas polas como tellado.
Ala polas primaveras,
bota follas a milleiras
e os paxaros garuleiros,
van ceibando os seus cantares.
Canta sabenza el ten,
co tempo que leva posto,
cantos paxaros pasaron
ende setembro a agosto.
E coa súa intelixencia
que lle da a natureza,
el vai trocando as cores
amosando a súa beleza.
Polo inverno esta gris,
na primavera vai verde
polo verán moi pechado,
polo outono esmorece.
No outoniño pelado
así e o noso carballo
este seco ou mollado

A Vergoña Antiga

Era de fidalgo
falar castelán,
máis falar galego
era de pailán.
Só aquel labrego
sostivo o tempo,
non tiña vergoña
de falar galego.
Máis moitos da terra
que a fora saian
con medo dicían
non ser da Galiza.
Non sintas vergoña
de ser ti galego,
fala con fachenda
non sexas un pego.
Coa a nosa linguaxe
estás renacendo
axuda a túa terra
falando galego.

MIÑA CASA
Entre follas de carballo
entre relente e orballo,
erguestes ti miña casa
feita de pedra e de barro.
Casiña casa de pedra
de lousa e de madeira,
hoxe dormes longamente
co Tordea por cabeceira,
queira deus que ti espertes
dise longo sono de anos,
que a tristura que vertes
non che dure moitos anos

O CARRO
Xa non choras nos camiños
xa non roxes polas veigas,
non se escoita o teu andar
nos recunchos do luar.
Fúche-lo  o rei dos camiños,
o amo das corredoiras
ti amansába-las pedras
con fungueiros e treitoiras,
e cantas voltas ti deches
cantas cantigas ceibaches,
polos  montes e veigas.
De ti lembraranse as leiras
cando metías o corpo
ata o mesmiño chedeiro,
cos teus zapatos de ferro
co teu pisar de madeira.
Hoxe dormes de nostalxia
polas palleiras do agro
o teu sono xa e longo,
o espertar non doado

Ende a Diáspora

Cantos días eu pasei
na Poboa de San Xiao,
pretiño daquela Chousa
daquelas rúas pequenas.
Aquela estación do tren
con maquinas de caldeira,
aqueles días de feira
con polbo e viño da terra,
aquelas tardes de baile
aquelas pontes de pedra
co Tordea o Sarria e o Neira.
Nesas veigas sementadas
co verde da primavera,
ese Rego, estalicado
esas cañas de Maceda
non as esquece calquera.

O CONTO
Algo que e de costume
ende que o mundo ten tino,
e ter a lingua lixeira
para traxar o máis amigo.
Os compadres as comadres
porteiras e raparigos
Eles soás encárganse,
de espallar o contiño.
Comezan dúas persoas
a expor un contido
de algo que alí pasou,
ou poñendo acontecido,
e vanlle alongando a corda
para que o conto teña fío.
Xanciño alóngalle un cacho
farruco outro chisquiño,
Maruxa que está na porta
xa non pode resistilo,
e como ela e de lei
dálle outro empuxonciño.
O conto vaise alongando
vai perdendo o seu contido
aquilo que era branco,
trocouse mouro perdido.
Din que alá pola veiga
vai o conto de camiño,
cada vez faise máis grande
xa non colle no seu sitio.
E que a cousa foi medrando
como a enchente no río,
aquilo que aconteceu
xa non semella nin pío.
Di un proverbio moi sabio
non fagas caso o veciño,
daquelo que ti escoites
créete soo un chisquiño.
Só daquelo que ti vexas
que ti poidas discutilo,
podes crer a metade
sen arriscar o fociño.

Ledicia
Rematou a paz e o sosego
das campiñas as ribeiras e os caneiros
ollo atrás xa non vexo os amieiros.
Por lembranza levo a auga de aquel río
xa me bou empuxado lonxe dela,
xa que volto ese mundo dos ruídos
dos asfaltos e dos fumes comprimidos.
Levo anaco do sosego desta terra
para gardalo todo o ano nun talego.
e beber a modiño pouco a pouco
para erguer a ledicia dun galego

Diasporeiros
Soño contigo esperto
co sosego dos caneiros
aqueles tristes medeiros,
que se esqueceron no tempo.
Cos carriños de madeira
cos regos chorando auga,
coas rolas cos estorniños
cos cruceiros nos camiños
testemuñas fixas do tempo.
Soño contigo esperto,
lémbrome aquí das cousas
daqueles tempos pasados,
e dos invernos mollados
metidos baixo das lousas.
O tempo vaise fuxindo
perdéndose nos vieiros
pasa por riba de nós
facéndonos diasporeiros

QUE SOMOS

Uns sinxelos cagóns
unha fía de botóns
pelexando polo mundo.
Enganados polo tempo
imos fiando e fiando,
deixando que pase o día
a noite e mailo inverno.
Loitando nun mar de envexa
aínda peor cos cadelos,
cada quen ca súa parida
cada cal co seu latexo,
case que non podo crer
a vida como a vexo

MESTURAS
Mesturas de gaitas e sons
xigantes e cabezóns
ruantes e tomboleiros
personaxes con sombreiros.
Roscas e empanadas
pan de Ousa e pan de millo,
avespas catando todo.
Moreas de lambetadas
xentes que veñen e van
nas feiras do San Froilán

TREMA A TERRA
Trema a terra baixo os  pes
fáiseme o chan inseguro
nese mundo que non ves.
Férveche o corpo e o senso
do ser que se fai sentir,
ela ten o seu sufrir
como calquera eu cavilo.
Aturar a tanta xente
cos seus retrincos  sorrisos,
se os homes creemos ser
donos desta criatura.
Só andamos a procura
de facernos con bos tronos
sempre estamos a esquecer,
que somos un aluguer.
Se neste anaco do tempo
ela é a nosa dona
e non nós os donos dela,
non te enganes compañeiro
por moita terra que teñas

PAXARIÑO
Canta paxariño canta
sae o son polo furado desa gaita.
os dedos van gaioleiros
poñéndolle o que fai falla.
Toca gaiteiriño toca
dálle fondo co pe da túa zoca.
Tamboriles e pandeiros
frautas e pandeiretas,
van entrando con ledicia
por entre as miñas orellas.
Ese fol que vai medrando
baixo o brazo do gaiteiro
argallando  a melodía
para alegrarme o día

ROSENDE
Foi camiño de Rosende
pretiño duna carreira,
no cimo de aquela fonte
atopei unha moeda.
E tiña a cara de un home
daqueles que raxan tela,
tan ledo me atopaba
cos cartos na entretela,
que eu non me decatara
de que alguén alí a puxera.
Meniño dáme eses cartos
que eu son o dono deles.
diso nada meu señor,
nesa fonte eu atopeinos
no chan estaban ceibados,
alí pretiño da terra.
O feito de estar no chan,
non podes botar man deles.
Tamén aí puxo Deus
o Ceo e maila Terra,
e non por iso ti podes
sinxelamente collela.

A TÚA LEI
Mataches a ilusión
que e o que eu máis quería,
impoñendo a túa lei
pensaches que o arranxarías.
Fuches fiando no tempo
amañado con mentiras,
cando non te decatabas
alí onde te metías.
O falso non e seguro
ou poñer brando por duro,
nin o rumor por verdade.
A mentira e esa lei
que envolta de papei
non soporta a molleira
indo de calquera maneira

O SANTO
Que lle pedirás o santo
santo dista terra miña,
ese que vela os teus sonos
ou olla as túas fecharías.
El que sabe os teus receos
e che escoita as  ironías,
Que lle pedirás o santo
el que ten máis de mil días,
que sabe os teus pensamentos,
non lle leves agonías.
Non te enganes en rezar
nin presumir de devota,
comeza a ser persoa
sen esfolar máis a pota

DESTINO
Todo comeza e remata
todo o que prende apaga,
ata se chega este mundo
asomado a unha burata.
Por un vivir sen acougo
o reloxo xamais para,
ese destino que rexe
as ledicias  as nostalxias.
Tantos seres cativiños
que esmagamos con saña,
que somos ata verdugos
por a cor ou pola raza,
sen parar a cavilar
que somos case nada.

MIL VOLAS
Vivimos unhas cantas primaveras
enrolados en pedantes fantasías,
artillando paripes de tantas cores
sen ollar a verdade que tanto brilla.
Perseguindo bolboretas decoradas
esquecemos o mellor dos nosos sonos.
Amaras os teus mentres podas
que vida en pouco tempo da mil voltas,
se o pasado fixo historia sen medida
fai ti o que podas sen sentila.

Tantas Cousas
Lástima de tantas cousas
das fontes dos ríos e as gaivotas,
que morren desvalidas de tristura
perdidas neses mares esquecidas,
sen saber atopar o seu camiño.
Lástima das augas destinguidas,
de tanta  nobreza esquecida,
das experiencias forxadas,
e dos centos de figueiras
que foron sempre aleitadas
por esta terra nai desvalixada.
Grazas a deus mil grazas
por deixarnos soñar sen esperanzas,
por  tantas e tantas cousas.
Polos montós de palabras
por falar e máis falar
para non dicir case nada

CAVILAR
Se paras a cavilar
este noso cometido,
hai frases na nosa vida
que no lle atopas destino.
Só falar e falar
sen atopar un camiño.
Aprende dese muíño
que a auga dálle a forza
ea comporta o seu xiro.
Faite a beira deixa sitio
pode axudarche o destino

Miña Terra
Terriña que ti gardaches
o niño onde eu nacín,
douche as grazas miña terra
por este ceo que vin.
Polo verde da ribeira
pola auga desa fonte,
por tantas cousas dou grazas,
seméllame que foi onte.
Cando saín desta terra
dinlle abur a ese monte,
agora que torno a ela
ledicia non se esconde.

FILOSOFÍA
Entender a vida e unha filosofía,
comprendela unha carreira,
o vivila un gram reto,
o queimala... unha traxedia.
Medita ben as promesas
non as tomes a lixeira,
utilizando  a cordura,
nos intres de inquedanza.
Facer da palabra lei
sen alegar ignorancia

Verbas
A parte de coser madeira
agrádame coser nas letras,
artillando e argallando,
fago contos e poemas.
Como encaixe de boliños
son palilleiro de verbas
costureiro de palabras
sempre estou moi preto delas.
E meu xogo máis fermoso
o meu xovi predilecto,
Ir ceibando nun papel
as falas do pensamento.

Chora o Inverno

Chorando vai o inverno
polas follas dos carballos,
chorando vai, vai chorando
por camiños esmagados.
Chorando vai el con medo
fungando xunto ós arados,
escorre polos madoiros
e baixa polos tellados.
Vai lavando as corredoiras
enchidas de pedras longas,
da auga que tanto chora
rega a terra que namora.

Muíño
Muíño que rula
fito de perolas
movido por augas
de regatas longas.
O xogar dos nenos
con soños de pombas,
van ollando o ceo
baixo desas lousas.
Auguiñas que bulen
polas corredoiras
van lavando as pedras
desta terra nosa.
O bulir dos nenos
na volta da escola,
esta nova xente
con gaña de esmorga,
medran tan axiña
que farán a historia.
Son madeira nova
con sabia do tempo,
que están a facer
un renacemento.

Por non Saber Acougar

Alá vai  Xan da Pita
xa por fin acougará,
el pelexaba por todo
non viviu por pelexar.
Pelexaba polo porco
pola pita e polo can,
pelexaba polas leiras
polos contos sen contar.
Case que non tiña dentes
os que poder amosar,
e so el os empregaba
para poder pelexar.
Alá vai Xan da Pita
deixou xa de pelexar,
din que o fixeron rifando
unha noite de San Xan,
ende entón xunto o barrelo
encomezou a rifar.
Xa a nai non o aturaba
o pai tivo que deixar.
Hoxe acougan os veciños
nese velorio de Xan,
acougan os raparigos
por deixar de beliscar,
que ata o crego dixo ¡hai!.
As vellas sacan os panos
por querer xustificar,
se por fin acougan todos
hoxe dorme hasta o can,
que o tiña rabexado
non deixaba  larfar.
Co seu traxe de madeira
e os ollos ben pechados,
dorme o Xan a súa morte
xa non precisa de letrados.
Hoxe dan grazas a Deus
ata os mesmos arados,
xa que ata os aveños
eran por Xan maltratados.
Alá vai Xan da Pita
quen deixou xa de rifar
poucos choran a súa morte
por non saber acougar.

Desfeitas
Cada quen  no seu lugar
cada lugar no seu sitio,
cada sitio no seu tempo
cada tempo co seu mito.
Cada mito con quen fose
fose quen fose o bendito.
Bendito sexa quen dixo
a natureza e modesta
molesta tanto o que vexo.
Vexo o ceo e maila terra
terra que tanto soporta,
soporta tantas desfeitas
desfeitas sen ter sentido.

SETE VIDAS
Sete vidas ten o gato
e moitas máis o retrato,
que pasa o longo do tempo
quen conserva ata o farrapo.
Debe ser pola loubana
que non lle caen os anos
nin os días nin os meses
que non mancha nin os panos.

O MEU CAN
Choraba o meu can
quería ser home
xa que estaba farto
de comer nun pote,
de andar nu mundo
facendo de pobre.
Choraba o meu can
quería ser home,
el tíñalle  envexa
a tódolos homes.
De ver como eles
andaban en coche.
De non comer a mesa
nin beber licores,
non durmir quentiño
con mantas de flores.
Choraba o meu can
quería ser home
de ser el un máis
de xogar a bola.
El tennos envexa
el non viste a moda,
el non ten os cartos
el non vai a escola.
El tenlle manía
o demo das rodas
xa que non soporta
Que elas din voltas.
Non chores meu can
ti non nos coñeces
hai moitas cousiñas,
que non as padeces.
E se Deus te puxo
de can nesta vida,
non renegues dela
sácalle partida.
Ti non tes traballo
nin compras comida,
non che costa cartos
lavar a camisa,
pagar os impostos
e ir sempre axiña.
Faime caso can
non teñas ledicia,
os homes son tolos
e teñen cobiza.
Róubanse entre eles
mátanse e rifan,
son como unhas burras
sempre teñen presa
e por ir correndo
ráchanse a testa.
Ti non tes riqueza
non posúes fortuna,
pero tes o día
a noite e a lúa.
Ti tes liberdade
e nos non a temos,
terás tantas cousas
que descoñecemos.
Non chores meu can
por querer ser home,
segue como es
comendo dun pote
xa que ti es máis rico
Que tódolos homes.
Faime caso can
e sigue de pobre

PEGADAS
Dixo unha voz popular
andando faise camiño
deixas vieiro o pasar.
Pero a túa pegada
desfarase o camiñar.
Poucos foron profetas.
na terra que foron nados
só as pedras escoitan
pero xamais falaron.

Esconxuros
Encomendase o Demo
e a Deus tamén
por se un lle fallara
o outro vai ver.
E prégalle os dous
con gran devoción,
por se un e malo
e outro e mellor.
Rezos e conxuros
amansan os burros.
Para vivir a vida
sen grandes estimas,
o mellor de todo
ver a quen te arrimas

O Carón do tempo

Vou o carón do tempo
furando na tempestade,
fuxindo das malas artes
por que os días son libres
que liscan dos espertares.
Como as mentiras son tampas
que te empuxan o futuro,
que non te sacan de chanzas
Se non que te meten nelas
Sen comelas nin bebelas.

O muiñeiro
O muiñeiro de Andrade
e como un chisco famento,
e dóenlle ata os toxos
que pon alí no cemento.
Quere aforrar con astucia
o que pode ser esterco,
de ai que el non queira
sexan comida das bestas.
Por iso el sempre rifa
con aqueles da malaxe,
e que me fodes a estrume
e escaralládesme o traxe.

Polo Nadal
Prende a fogueira María
e atízalle a auga fría,
que nestas noites que veñen
xa  dan máis do que teñen.
Deixan o xeo nas portas
E carámbanos nas hortas.
Pistas para patinar
nas rúas e nos tendais
remedio dos nosos males,
quentarnos no noso lar.
Unha brúa ben quentiña
con chourizo a afumar
con mariscos cogomelos
nestas festas do Nadal.

Comments

Na Agrumunde Cruceiro do pico da cruz
E na   Cuz do Pico moi preto de Agreimunde coa panorámica da Poboa de san Xiao, no alto deste petouto atopase esta muller agardando a auga por se caera do ceo que non e malo para as sementeiras.

Despois de moito tempo nas pescudas polos miolos das xentes, alguén dos antergos  asegurou que ala polos anos de mil novecentos nove (1909) dúas xugadas de bois agatuñaron polo monte enriba ata chegar o cumio no pico da Poboa de San Xiao, entre as saias de Villafiz e  Agreimunde, ese cruceiro de pedra forte que dende entón fica alí chantado. Din que o levaron xente da Pena Boa para escorrentar as meigallos das leiras e as chousas dos redores. E para que quede esta pagada no tempo e saiban tódolos fuchicantes desta bitácora, deixo aquí pendurado nestas datas. De xeito que  Así que entre estas brétemas, e dende o seu carón, quixera ceibar estas verbas como se tal esconxuro, para que se espallen por estes eidos virtuais, desexando que alí onde cheguen, sexan referente para sementala paz o acougo e mailo sosego entre as xentes.

Afastense tódalas meigas

de camiños e rodeiras

e diante deste cruceiro

fagamos un humenaxe

a todo aquel personaxe

que leve o ben por sombreiro

Comments

A Ruada
Para darlle corpo a esta festa rachada, ai vai este esconxuro da miña propia fornada, para preparar  a clásica queimada.

Apértense tódalas meigas
de camiños e rodeiras
e tódolos fillos do Demo
que fuxan deses camiños
e aturuxen os veciños
erguendo a ollada o ceo.
Pata de conexo, pe de cangrexo.
Fío de arañas que pendura das entrañas.
Peidos de vellos ceibos con medo,
e aquí,  baixo deste pendello,
que estas lapas da augardente
ergan o sorriso das xentes
famentas de lambetadas.
Que diante deste esconxuro
e despois da endorga chea,
veremos que se menea
para enfiar a  madrugada,
co chourizo e a empanada
que brincan que é unha fada.
Despois do viño groleado
coa mestura da queimada,
veremos quen é a xente
que remata esta ruada.

Fora un esconxuro improvisado a medida do autor naquel intre da festa da castaña, que ergueran os risos das xentes o recitalo. Os alí presentes  eran de diversas idades, os que algúns deles farían anacos de historia, xa que    ían sendo retratados polo corresponsal do diario provincial para que todo aquilo quedara pendurado no tempo do papel impreso, que cada día era escrita e pasaría a formar parte do xa pasado en algunha das súas páxinas do evento a ter en conta. A noite fórase debullando entre carnes embutidos e castañas o pe dos grolos de viño do pais traído para ocasión. Despois de fartos a tope de todo o que alí había para meter a bandulla,  xunto co magosto, cataríase aquela composta de licor de augardente con mesturas o xeito dos engadidos.
A noite fórase facendo neboenta con aquela saraibiñas miúdas que non acougaba, que a non ser pola carpa que lles protexía dela, remataría por mollar a tódolos presentes. O alcohol inxerido, fora agatuñando os miolos bébedos coa ansia de poñer o puntiño e facerse máis simpáticos se cabía os alí presentes. A ledicia revertía cunha simple ollada que se ceibara o redor e en calquera recuncho. A fogueira feita para facer o magosto, aproveitábase  agora para escorrentar a friaxe que tamén se lle fora axudando co baile que amenizaban un dúo feito por unha parella pero que moi traballadora, os cales facían o seu cometido pero que bordado. A queimada, xunto coa música ceibada pola cativa orquestra, fora metendo as xentes en varas ata o punto que moi poucos quedaron alí quedos sen mover os seus esqueletos. Había de tódalas idades, xuventude e xente de media fornada, así que todos xuntos foran erguendo aquel festorro, ou valga a expresión de antiga ruada, ata ben entrada a madrugada. Pero cando aquelas lapas famentas de leña seca  que o mesmo tempo alumeaban o entorno dándolle o seu aquilo de enxebre, aínda que máis ala onde non chegaban elas esa labor facíana unhas cantas farolóns postos nos redores,  ía decaendo un chisco a festa posto que a algúns xa foran esfiando cada quen para os seus  respectivos descansos, aínda que un grupo daqueles dos máis arroutados, sostiña con tesón o baile ata o remate para non deixar mal o grupo que tan ben o facía.

Entre aquel fato de xentes algunhas delas descoñecidas para outras, cada quen saía coa súa parolada, comentario ou conto moitas veces sen sentido. Os temas de conversa foran variados coma sempre. Pero algúns daqueles máis xoves que  coa endorga a reverter de cousas innecesarias formara corpo a idea de querer rematar todo aquilo rumbo a outra parte, posto que aínda non tiñan dabondo, e parecíalles moi cedo o de marcharse a durmila. Total non eran máis que as dúas da madrugada, e a noite case estaba sen encetar,  así que había que estalicala para seguir  afogueirar nela. Así que algúns deles quedaron a varios quilómetros para seguir engadíndolle a endorga algo máis que terían que soster os corpos.

Tratando de despistar os controis de alcoholemia espallados polas estradas que a garda civil tiña a ben facer, marchaban por estradas locais ou pistas de terceiro orden, entre  velocidades de vértigo, e lámpadas longas, trataban de achegarse o lugar convido. Entre estes está Sara,  unha amante da velocidade, case estreando o seu coche de quilometro cero, que lle custara case un ollo da cara, facendo suplencias e traballos extras nas tempadas de verán. Ela vai co puntiño posto, pero controla como moitos saben facelo.
A noite segue con aquela tónica neboenta e a reverter de friaxe de tantas que percorren o mes de novembro, de xeito que para conducir e mester facelo con acougo debido o perigo existente, pero aínda con todo iso a rapariga pasa de todo aquilo do mal trazado da estrada local, posto que a ela todo iso da prudencia non a preocupa, deixábao para xente menos arriscada que non lle agradaba a velocidade.
O ritmo de rodada fora agatuñando no velocímetro ata poñerse alegre abondo como a súa  pilota, máis ala dos cento corenta, que para ser por aqueles paraxes entre pinos que por veces rozaban os ramallos coa chapa, non estaba nada mal, lugar pouco axeitado para quedar parado sen civilización en varios quilómetros o redor. Ía tan mergullada falando polo seu teléfono móbil deses de nova xeración onde se poden mandar fotos e demais, que xunto coa música a tope, case non se decata que remata de inrumpir na estrada un vulto estraño que aterra sobre do capo como un canonazo na noite, que lle fai perder o control. De súpeto viuse arrastrando pinos, xestas, e demais estrumes autóctonas de monte que se lle ían poñendo diante do seu punto de condición restándolle a cero de visibilidade, para entrar na máis completa escuridade ata que remata parada contra unha ergueita e aposta figura dunha arbore. Alí queda chantada co cu a reverter de medo na noite pecha, sen luz ningunha que identifique a súa posición.
Estivo atoleirada perante uns intres, e cando quixo racionar para tratar de saír de todo aquilo, decatouse de que non podía facelo, as súas pernas estaban alí aganchadas polos ferros do que facía uns escasos minutos, era o seu flamante coche. E grazas por levar posto o cintón de seguridade, se non, agora de seguro que houbera deixado a súa masa do pensamento contra o cristal dianteiro, pois chegáballe case os beizos despois de estar amarrada con el. A medida que ían pasando os minutos, foise decatando de algo  que lle estaba esvarar pola faciana mollándolle a súa pel, tiña que ser o seu sangue, ou o propio suor do medo. Alí soa as tantas da maña na máis completa escuridade, ninguén daría con ela, e aínda que os seus amigos decidiran buscala, se chegaran a aquela decisión, pois algunhas veces tiña ocorrido que se queda nun sitio e despois non se acude. Non o ían a ser doado para dar con ela o longo de aqueles paraxes desertos de tantas curvas e pouca visibilidade para poder atopala.
Naqueles intres comezada a recapacitar de algúns dos consellos que lle deran na casa aqueles que lle tiñan agarimo xunto cos bos amigos, cando ela o fronte lles discutía sobre a velocidade que era tan gaioleira, entre a que estaba a súa profe de autoescola, que lle aconsellaba:
_Cando queiras correr, non o fagas en calquera lugar, ponte nunha autoestrada, e non por calquera sitio sen control.
Non se decatara ata aqueles intres de que o perigo sempre anda ceibo, e que che pode saír de súpeto en calquera recuncho. ¿Pero que lle estaba pasando? Dende facía uns intres deixara de sentilas pernas. O medo comezou a anegarlle todo o seu corpo, pero un medo fondo como se fora saíndo das entrañas da terra atenazándoa de tal xeito, que aínda que quixera berrar había algo que non lle deixaba ceibar a fala. Daquela foi cando comezou a recoñecer que endexamais fixera caso a de ninguén, rexeitando todo o que chegara do máis carón dela. Ela sempre fora moi disposta, e non estaba pola labor de seguir normas escritas ou faladas, sempre lle agradara o desafío o descoñecido, en aquilo de baixar o acelerador, pero agora que o tiña o seu carón, comezaba a comprender moitas cousas que outros  quixeran poñerlle o descuberto. Nestes intres, supoñendo de que alguén a atopase antes de que morrera alí de noxo, de seguro que tiña moitas posibilidades de quedar nunha cadeira de rodas, coma tantas outras xentes que pasaran pola  súa situación, e polos mesmos motivos da ignorancia. A saber o grao de invalidez  lle puidera quedar sendo unha carga para a súa familia. Para máis colmo, dous días despois tiña que presentarse naquel traballo que tanto loitara por conseguilo despois daquelas longas e fatigosas oposicións.
A choiva miúda comezara a bañar os cristais do que quedaba do coche quilometro cero, e coa súa saúde tamén case cero. Alí fora, o tempo semellaba case como se quixera chorar con ela a desgraza presente. O seu gozo metido nun pozo, alí agardaría o que Deus quixera facer con ela, pois, xa non cabía facer outra cousa máis que agardar e aceptar o destino.
De súpeto por se non abondaba co que tiña, uns ollos brillantes como prendidos por lume, ollárona fixamente a trabes dos cristais afundidos, debaixo deles uns dentes feros amosábanse desafiantes como facéndolle sentir o seu desacougo por inrumpir daquel xeito nos seus dominios. Daquela non puido máis, e perdeu por completo o coñecemento afundíndose non solpor frío como o da descifrada morte por algúns autores, que lle anegaba totalmente o senso sacándoa de aquel mundo material onde os escravos da vida chamados humanos, non eran capaces de cavilar con acougo, por iso en algúns dos casos tiñan que chegar a estas situacións por non aprender dos erros dos demais. Motivo polo que se perdía moito tempo en ter que experimentalo por eles mesmos, cando xa era demasiado tarde.
Así era o feito de que as estradas estiveran a reverter de mortos innecesarios e incompetentes desafiadores do descoñecido.
Naquel tempo irreal onde todo está ben e nada mal, xa que nada importaba. Un especie de bufón aparece de súpeto no plano astral dicíndolle:
_¿Agradábache a velocidade? ¡E moi gaioleira! ¿ verdade? como ti chegan aquí a feixes, ai unha morea de incompetentes os que lles dan unha vida para que aprendan, e os moi fatos tiran con ela estragándoa, ¡pois xa esta ben nena! o teu é moito, xa é a terceira vez que chegas polas mesmas os vintedous anos, deste xeito perderas moito tempo en completar o teu ciclo.
Non sabia o porque, pero dende aquel eido comprendía moitas cousas  que antes non vía, era como se certamente pasara xa noutra por aquela situación, tal como dicía o bufón- cavilaba Sara.
_Pero non te preocupes, tes todo o tempo do mundo, ese que bos chamades, para facer o camiño.
Foi daquela, cando a súa infancia estaba a pasar por diante dos seus ollos como se tratase de unha película, índice dos seus andainas xa queimadas polos días, con algúns dos seus avós xa mortos nas horas compartidas da nenez, seguidos dos anos posteriores da adolescencia e xuventude do tempo presente ata aqueles intres, mentres que se sentía non compas de agarde como se lle faltara algo por facer, entre outro bulir de personaxes que ían e viñan de un lado para outro, mentres que un deles, achegóuselle, e díxolle:
_Non sexas fata e aprende dos erros que aínda estas por cometer, non fagas como tantos que chegan aquí cos deberes sen facer, e por suposto suspéndenos.
E nese preciso intre, comezou a esbarrar a gran velocidade por un furado sen fondo onde non semellaba  parar xamais, e corría de tal xeito como se aquela suposta velocidade quixera arrancarlle a pel do peito con tódalas gañas, ela tentaba collela coas mans para poder conservala, pero non tiña mans dabondo para poder cubrir todo o seu corpo e víase case cos osos debullados por aquel fenómeno que impedía poder controlar tal situación. Foi tan forte aquela impresión que  non podía aguantar máis, e abandonouse o destino que cada quen ten  reservado, espertando de súpeto de aquel pesadelo que case a mata de infarto.

Daquela, ergueuse, e tocou todo o seu corpo como comprobando que non lle faltaba nada o seu redor, baixouse da cama e foi ollar pola fiestra ¡que alivio! non pasara nada, alí estaba o seu flamante coche brillando recatadamente cos albores do novo día, e os aturuxos dos galos anunciadores da nova alborada.
Tivera sorte, aquel sono ben puidera ser real, so con pensalo, poríaselle a pel de pita. O que xa tía moi claro eran aqueles  mensaxes que fora colectando perante aquel tempo infernal. De alí en diante  non debería asoballar o tempo con estúpidos desafíos o descoñecido, que so servían para ter a súa familia en constante tensión, sabendo como as gastaba ela na estrada. A partir de daquela, sabería moi ben o que tiña que facer coa resto da vida, sobre todo non tirala en calquera recuncho como fixeran xa moitos. As cousas boas había que ilas bebendo a groliños cativos, como moi a modiño para poder sacarlle o sabor axeitado.

Este tempo asoballado
de ideas quentes
que che baten no miolo
polas correntes
de tantos días baleiros
de tantas xentes.
Velaí-van nas súas caixas
camiño dos cimenterios
por non tentar clarexar
tantos misterios
que agachados na vida
semellan todo segredos
por non querer aprender,
eles case sempre
morren bébedos.

Botárase a durmir outro chisco máis, pois era domingo e tiña que descansar para o luns poder estar fresca no sen novo destino, e poder encetar con agrado aquel traballo, e tamén, como non, o resto da súa vida que aínda Deus tivera a ben de poder avisala para conservala, dándolle outra suposta oportunidade, aínda que fora un  tanto virtual, si o suficiente para que todo aquel que tivera a ben entendela. Así que  tomando quizais como outro misterio máis de tantos que nos depara o percorrer por este tempo noso que tamén é de todos os que respiramos. ¿Por que nos empeñábamos en complicar a vida?- pensaba agora Sara- se en verdade todo era a mar de sinxelo. Nestes intres comprendía que estamos a desafiar demasiado o destino poñéndolle mais bértigo se cabe, e non nos decatamos que por un quítame de ai esas pallas podemos mandar todo o carallo, xa que vida e como unha pompa de xabón voando no aire, demasiado fráxil para valorala tan pouco.

Pensamento: A ilusión foi moita mentres fun labrando neste acontecer, dun sinistro que ben puidera ser certo, despois de unha esmorga xuntada con alcohol, de tantos que acontecen polas estradas de calquera recuncho, que  para sorte dela, so fora  un pesadelo.

FIN

Comments

Un libro
http://www.goear.com/listen/e6d4805/Foliada-do-Celta-A-Roda

¿Lémbraste do primeiro bico
ou do primeiro suspiro?
Párate por un intre
e colle un libro.
Nel atoparas de todo
en certo modo.
Si polos camiños vellos
da existencia
alí onde xurde o vento
desa prudencia,
el asinarache sempre
con mil amores,
que os consellos vellos
son os mellores

Comments

As Letras
As letras son esa ferramenta que utilizamos as persoas para entendernos, ata na distancia, elas fannos de guía para que podamos movernos na xeografía. Con elas fanse as regras,as leis e as normas para non esmagarnos entre nós. De ai que para saír ai fora a convivir entre todos, sería mester o levala cachola como moi ben amoblada, cavilando con sensatez, pois e mester o vivir e deixar vivir o próximo. Así que deste xeito e como din que si en galego queda moito por dicir, faino coas letras para que todos o vexan, xa que elas representan todo na nosa vida, con elas estase a facer a historia dun pais ou dun tempo, dende o noso comezo ata o remate. ¿Que seria de nos sen elas? Pois que a nosa pegada polo tempo non ía a ser moi doada o sostela. De xeito que as letras son como a nosa identidade ou salvoconduto para ir e vir de un luar para outro, a ferramenta máis axeitada da que botamos man para entendernos e  expresarnos. Coas letras tentase facer tratados para evitar as guerras que ameazan con desartellar este planeta, aínda que non sempre se consiga o obxectivo. Dei que debamos estimalas e coidalas con agarimo como parte nosa que son, xa que estas pódennos levar o máis aló deste presente formando parte do noso pasado que artillarán a historia. Coas letras contamos  contos, historias para durmir o non, sexan reais ou irreais, pero que moitas das veces  engaiolaran a xente. De feito, seria mester levalas como estandarte para defender a nosa lingua aínda máis aló desta terra onde foron nadas, para que dende estes intres voen ceibas polo espazo e alí onde queira que cheguen, sexan referente para sementala paz e o acougo entre as xentes, con animo de bo entendemento. Así que dende esta Xanela, tratarei de amosar anacos de historias para entreter aqueles que queiran ler.
Dende esta xanela de tempo
pódese ollar para fora
máis para dentro,
a cotián, ou con demora.
Pódense ver os contidos
nos contos ou nos artigos.
Visitala poesía con tempo,
ou máis axiña.
E que as letras sempre foron,
soporte para os segredos,
ferramenta de notarios,
e arma dos picapleitos.
E sen elas ¿que seríamos?
uns ninguén con guedellos,
pois guíante por onde andas,
e sen as letras, non ai cartas
nin rúas  onde mandalas.

Comments