Noemi Mazoy na visita o Castro de Viladonga
Na nosa visita no día dos castros o Castro de Viladonga, tivemos a grata de sorte de escoitar esa doce voz de Noemí Mazoy, quen nos deleito cun abano de cancións nas que cabería salientar o xénero lírico. Sendo tan prometedora, que en pouco tempo poida que Lugo, a parte da cidade das Murallas, se lle coñeza como ese referente a onde viu a luz este portento. Madialeba, con ese extenso currículo que poida que chegue a talla dunha Monserrat Caballet.
Así que non tiven por menos que argallar coas letras, e trebellar no meo miolo este enguedello: Mentres, os nosos parabéns.
Dende a cabeza ata os pes
Con zoquiños de Madeira
E esa voz tan peculiar
Estibemos caladiños
Para oíla cantar.
Alí tan enmarañados
Como si tales trebellos
Argallados con acougo
Nun silencio desmedido
As cancións con agarimo
Da xoia do xénero lírico.
E que o seu timbre de voz
Chegaría o mesmo ceo
Que se eleva docemente
Ante a expectación da xente.
E todo tan envolvente
Que sen ser gran entendido
Vai engaiolando a mente

Chúzao
del.icio.us