O cabo de ano
Chegou o día que facía un ano que o defunto marchara deste mundo con aquelo que din, co posto, e había que facerlle o cabo de ano. E según di o crego, sómente as boas obras, son as que se levan dista vida, o demais todo queda aquí. O único se a familia se lle esquece aquelo de sacarlle o móbil, que coas presas xa ten ocorrido, e daquela o personaxe finado, non esta pola labor de collelo, máis que nada por estar de corpo presente. Así que cando se ía achegando a hora do acto relixioso, as xentes íanse poñendo por moreas ata a porta da igrexa. Algúns atrévense a entrar no templo del señor, como ben di o obrante da misa, o resto montan o parladoiro alí o carón, e neste fálase de todo, como a trata do gando, a cota leiteira, ou o prezo dos coxos, que moitos están de acordo que van moi baratos. De tal xeito que todo aquelo vaise ferbendo a lume lento como se tal caldo, a todo isto, seguen chegando xentes os que son sometidos as olladas dos presentes, para ter en conta as vestimentas e os decoros de cada quen.
O pouco, sae o crego a marcar os catro picos da campá que sinala o comezo do acto, as persoas seguen a ferver xunto da porta de tal xeito, que case fan alí un tapón que impiden o pasar dentro, mentres que o corredor central esta baleiro totalmente, nisto que o da antiga sotana di os alí presentes.
_Córranse señores, córranse ata preto do altar, que nos os cregos non comemos a ninguén.
Os posibles feligreses óllanse entre eles como con vergoña de tal expresión, xa que aquilo de correrse non era o lugar máis axeitado, nin tampouco o intre, así que movéronse uns poucos, de xeito que como moitos non estaban pola lavar de meterse dentro, e cura seguiu na súa de querer honrar o morto, que para iso estaban alí, engádelles.
_Pero homes, déixense de faladurias e compórtense, que non e mester espallar tanta feira, penso que están a esquecer o motivo polo que viñeron, os que non queiran rezar, afastasen da porta. Pero nada máis darse a volta o da misa, alguén dixo as súas costas.
_E que máis da.
Nisto que o grego volveuse e díxolle.
_Pois non señor, xa que o que máis da non e quen máis ten.
Daquela todos calaron e deixaron que el marchase para dentro, pero como as ovellas case non ai quen lles ate a lingua, o pouco aquelo volvía as andadas.
Dous coñecidos saúdanse o tempo que lle pregunta un deles.
_¿Que tal pola casa?
_Ben, e ti xa vexo,cumprindo co de gañar píos para o día de maña.
_Iso é, ai que tratar de quedar ben por siñas caso fai falla.
_Va¡ todo isto éche cousa de cregos, o defunto isto nin lle vai nin lle ven, eu ben o tiña falado con el, pero, diante dos veciños, xa sabes, hoxe por el e maña por min.
_En verdade que, ollado do dereito ou do revés, canta razón tes.
Fin

Chúzao
del.icio.us