Na Agrumunde Cruceiro do pico da cruz
E na Cuz do Pico moi preto de Agreimunde coa panorámica da Poboa de san Xiao, no alto deste petouto atopase esta muller agardando a auga por se caera do ceo que non e malo para as sementeiras.

Despois de moito tempo nas pescudas polos miolos das xentes, alguén dos antergos asegurou que ala polos anos de mil novecentos nove (1909) dúas xugadas de bois agatuñaron polo monte enriba ata chegar o cumio no pico da Poboa de San Xiao, entre as saias de Villafiz e Agreimunde, ese cruceiro de pedra forte que dende entón fica alí chantado. Din que o levaron xente da Pena Boa para escorrentar as meigallos das leiras e as chousas dos redores. E para que quede esta pagada no tempo e saiban tódolos fuchicantes desta bitácora, deixo aquí pendurado nestas datas. De xeito que Así que entre estas brétemas, e dende o seu carón, quixera ceibar estas verbas como se tal esconxuro, para que se espallen por estes eidos virtuais, desexando que alí onde cheguen, sexan referente para sementala paz o acougo e mailo sosego entre as xentes.
Afastense tódalas meigas
de camiños e rodeiras
e diante deste cruceiro
fagamos un humenaxe
a todo aquel personaxe
que leve o ben por sombreiro

Chúzao
del.icio.us