As Letras
As letras son esa ferramenta que utilizamos as persoas para entendernos, ata na distancia, elas fannos de guía para que podamos movernos na xeografía. Con elas fanse as regras,as leis e as normas para non esmagarnos entre nós. De ai que para saír ai fora a convivir entre todos, sería mester o levala cachola como moi ben amoblada, cavilando con sensatez, pois e mester o vivir e deixar vivir o próximo. Así que deste xeito e como din que si en galego queda moito por dicir, faino coas letras para que todos o vexan, xa que elas representan todo na nosa vida, con elas estase a facer a historia dun pais ou dun tempo, dende o noso comezo ata o remate. ¿Que seria de nos sen elas? Pois que a nosa pegada polo tempo non ía a ser moi doada o sostela. De xeito que as letras son como a nosa identidade ou salvoconduto para ir e vir de un luar para outro, a ferramenta máis axeitada da que botamos man para entendernos e expresarnos. Coas letras tentase facer tratados para evitar as guerras que ameazan con desartellar este planeta, aínda que non sempre se consiga o obxectivo. Dei que debamos estimalas e coidalas con agarimo como parte nosa que son, xa que estas pódennos levar o máis aló deste presente formando parte do noso pasado que artillarán a historia. Coas letras contamos contos, historias para durmir o non, sexan reais ou irreais, pero que moitas das veces engaiolaran a xente. De feito, seria mester levalas como estandarte para defender a nosa lingua aínda máis aló desta terra onde foron nadas, para que dende estes intres voen ceibas polo espazo e alí onde queira que cheguen, sexan referente para sementala paz e o acougo entre as xentes, con animo de bo entendemento. Así que dende esta Xanela, tratarei de amosar anacos de historias para entreter aqueles que queiran ler.
Dende esta xanela de tempo
pódese ollar para fora
máis para dentro,
a cotián, ou con demora.
Pódense ver os contidos
nos contos ou nos artigos.
Visitala poesía con tempo,
ou máis axiña.
E que as letras sempre foron,
soporte para os segredos,
ferramenta de notarios,
e arma dos picapleitos.
E sen elas ¿que seríamos?
uns ninguén con guedellos,
pois guíante por onde andas,
e sen as letras, non ai cartas
nin rúas onde mandalas.

Chúzao
del.icio.us