Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Xanela das Letras Galegas
Contos, relatos, poesia historias e outras puñetas.Queiras o non, poda que te metas nesta xanela.

Categoría: Cabeceira

23/01/2007 GMT 1

Trambelosríos-Esa Lenda-en Galicia Encantada

galizacontos @ 11:35

p>Como tal Lenda de Escoureda O Corgo

Votalle unha ollada en: galicia encantada (Trambeloríos)

Falando de dous dos ríos da nosa comarca, segun poñían os nosos antergos, que alí na parroqia. onde se xuntan hoxe o Sarria co Neira, chamado Trambeloríos, houbo o carón como unha cativa aldea coa súa igrexa correspondente. E de supoñer que daquela aínda estes dous non se xuntaban neste luar concreto, pero co tempo e debido a posible variación dos mesmos, a devandita foise afundindo para quedar asolagada totalmente polas augas. Dei que moito tempo despois de todo aquilo, e cando naqueles duros invernos de moita enchente que coañaban os leitos deixados como debullados. Alguén chegou a asegurar que nas claras mediodías dos meses de verán, por intres podíase albiscar o cumio do campanario.

Se e verdade ou mentira
non minto pola miña boca,
se non, quen o contou tal día.
Eu so quero penduralo,
deixalo como pegada
e tan so para que se saiba.

Historia de
Santa María Magdalena de Escoureda

fotos-anirsario-en-torre-011.jpg

Aínda que botando man da historia exposta na guia do concello do Corgo, podese atopar como referente recollido desta parroquia de Escoureda, que no ángulo que forman os ríos Neira e Tördea o remate da agra de Corneda, tal nome pode que derive da súa feitura como se tal cornamenta de boi. O feito e que hai máis de mil anos, ala polo 976, Adosinda,cumprindo a última vontade do seu esposo Vermundo Gatóniz, doa ó Mosteiro de Samos a vila de "Scaureela", xunto ó río Tordea en Manzaneda.(posiblemente se refira a Maceda).

Poucos anos despois, no 982, consta que Lucio Lucidiz doa os frades de Samos e ó seu abade Mandino a "Villa de Scaureta". E sempre coa igrexa polo medio na data que vai do 982 o 990, no inventario de posesións de San Salvador de Bande en Neira, figura a "Vila de Scaureda, que iacet inter Tordena ed Naria per ubi sous terminos habet et illo ribeiro contra eclesia des casa Arias Armentariz ata casa de don Violenzo II sesigas molinarias".

E para rematar no 993, Lucio e Visclarara doan o mosteiro de Samos as vilas de San Salvador e Santa María de Sala xunto do rio Neira xunto con outros lugares e vilas "et vila alia in Scaureda ab integro.

O feito que estas xentes eran como moi agradecidas e estaban moito polos agasallos pequenos. Suponse que irian coas xentes dentro, e dicir, como se fose un deses paks de hoxe en día

E como se tal lenda máis, tamén se di que nesta mesma parroquia houbo un castro no lugar chamado das Murallas mesmo preto da Torre e xunto do regato da Zoca, no monte mesmo de Estelabello. O feito e que viviu alí unha ancián, ultimo reduto de cando os mouros poboaron estes recunchos, a que lle agradaban moito os raparigos para os que ela mesma facía lambetas e telos deste xeito contentos e ledos.
E a partir desde enguedello, e chafullando no meu miolo, fun argallando esta historia que nalgún lugar ben poidera ser certa como outra lenda máis, pero desta feita, e da miña colleita. Tal conto pódese atopar co nome “Onde Dormen os Reloxos” no blog “Cuentoslugo de Bernabé Castedo.(Enlace a dereita desta mesma páxina)

17/12/2006 GMT 1

Na Agrumunde Cruceiro do pico da cruz

galizacontos @ 20:19

E na Cuz do Pico moi preto de Agreimunde coa panorámica da Poboa de san Xiao, no alto deste petouto atopase esta muller agardando a auga por se caera do ceo que non e malo para as sementeiras.

o petouto

A cruz do PicoDespois de moito tempo nas pescudas polos miolos das xentes, alguén dos antergos  asegurou que ala polos anos de mil novecentos nove (1909) dúas xugadas de bois agatuñaron polo monte enriba ata chegar o cumio no pico da Poboa de San Xiao, entre as saias de Villafiz e  Agreimunde, ese cruceiro de pedra forte que dende entón fica alí chantado. Din que o levaron xente da Pena Boa para escorrentar as meigallos das leiras e as chousas dos redores. E para que quede esta pagada no tempo e saiban tódolos fuchicantes desta bitácora, deixo aquí pendurado nestas datas. De xeito que  Así que entre estas brétemas, e dende o seu carón, quixera ceibar estas verbas como se tal esconxuro, para que se espallen por estes eidos virtuais, desexando que alí onde cheguen, sexan referente para sementala paz o acougo e mailo sosego entre as xentes.

Afastense tódalas meigas

de camiños e rodeiras

e diante deste cruceiro

fagamos un humenaxe

a todo aquel personaxe

que leve o ben por sombreiro

 

 

 

 

23/11/2006 GMT 1

Un libro

galizacontos @ 18:54

http://www.goear.com/listen/e6d4805/Foliada-do-Celta-A-Roda

¿Lémbraste do primeiro bico
ou do primeiro suspiro?
Párate por un intre
e colle un libro.
Nel atoparas de todo
en certo modo.
Si polos camiños vellos
da existencia
alí onde xurde o vento
desa prudencia,
el asinarache sempre
con mil amores,
que os consellos vellos
son os mellores

21/11/2006 GMT 1

As Letras

galizacontos @ 09:56

As letras son esa ferramenta que utilizamos as persoas para entendernos, ata na distancia, elas fannos de guía para que podamos movernos na xeografía. Con elas fanse as regras,as leis e as normas para non esmagarnos entre nós. De ai que para saír ai fora a convivir entre todos, sería mester o levala cachola como moi ben amoblada, cavilando con sensatez, pois e mester o vivir e deixar vivir o próximo. Así que deste xeito e como din que si en galego queda moito por dicir, faino coas letras para que todos o vexan, xa que elas representan todo na nosa vida, con elas estase a facer a historia dun pais ou dun tempo, dende o noso comezo ata o remate. ¿Que seria de nos sen elas? Pois que a nosa pegada polo tempo non ía a ser moi doada o sostela. De xeito que as letras son como a nosa identidade ou salvoconduto para ir e vir de un luar para outro, a ferramenta máis axeitada da que botamos man para entendernos e expresarnos. Coas letras tentase facer tratados para evitar as guerras que ameazan con desartellar este planeta, aínda que non sempre se consiga o obxectivo. Dei que debamos estimalas e coidalas con agarimo como parte nosa que son, xa que estas pódennos levar o máis aló deste presente formando parte do noso pasado que artillarán a historia. Coas letras contamos contos, historias para durmir o non, sexan reais ou irreais, pero que moitas das veces engaiolaran a xente. De feito, seria mester levalas como estandarte para defender a nosa lingua aínda máis aló desta terra onde foron nadas, para que dende estes intres voen ceibas polo espazo e alí onde queira que cheguen, sexan referente para sementala paz e o acougo entre as xentes, con animo de bo entendemento. Así que dende esta Xanela, tratarei de amosar anacos de historias para entreter aqueles que queiran ler.
Dende esta xanela de tempo
pódese ollar para fora
máis para dentro,
a cotián, ou con demora.
Pódense ver os contidos
nos contos ou nos artigos.
Visitala poesía con tempo,
ou máis axiña.
E que as letras sempre foron,
soporte para os segredos,
ferramenta de notarios,
e arma dos picapleitos.
E sen elas ¿que seríamos?
uns ninguén con guedellos,
pois guíante por onde andas,
e sen as letras, non ai cartas
nin rúas onde mandalas.

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis