Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Xanela das Letras Galegas
Contos, relatos, poesia historias e outras puñetas.Queiras o non, poda que te metas nesta xanela.

Arquivo: Abril 2009

30/04/2009 GMT 1

As Cigoñas de Sabarei, xa son máis dunha quincena de niñadas

galizacontos @ 03:48
picture113.jpg

O longo da estrada en Sabarei, xa son máis dunha quincena de niñadas.Ata fixeron na Chousa preto do río Neira. Estas emigrantes que non precisan papeis,nin entenden de frontéiras, estableceronse preto das estradas como meras vixiantes do trafico. Como se dese xeito quixesen ir espallándose como colectividade. Son fermosas e de admirar como sobrevoan as aldeas dos contornos, semellan como catibas aeronaves que engaiolan as xentes nos seus planeamentos ou cando percorren as pradeiras no bico desas patas tan longas. O feito e que na recta de Sabarei xa teñen a súa casa unhas catro cos seus pitos moi criados, e seguindo a ruta do moble en Bilapedre tamen teñen outro nido.

Xa fai tempo que eu fixera este conto dedicado a eses fermosas aladas, e como intelixentes que poden ser, vai polo miudo iste relano feito na miña forxa, visto dende a panorámica de dos xoves protagonistas, os cales recurren os políticos para que lles ayuden a melloralo mediambiente, devido a falla de ecoloxismo que precisamos nós nistes días o noso carón.

A Mensaxe das Patas Longas

Xulio rematou axiña de xantar, e como xa non tiña escola, por ser tempada de veran, díxollo os seus pais, e saíu coma un lóstrego a dar unha volta coa bicicleta, xunto co seu cadelo Pipo. Seguiu a corredoira por entre medio das fragas ollando os paxaros, e todo o que respiraba vida propia o seu redor, a natureza para el era engaioladora con todaqueles seres vivos diferentes cores e tamaños, de feituras caprichosas,cos seus cantos, trinos e demais costumes, que o parecer Deus tivera por ben de poñer na terra para que nós os humanos puxéramos ledicia con todos eles, e soubéramos convivir dun xeito racional sen estragar ningunha destas criaturas que tanta beleza encerran.O raparigo quedouse abraiado ollando para aquel esquío que cos seus movementos tan particulares comía axiña, case sen perder tempo, debullando no cimo dun piñeiro, aquela peza que sostiña entre as patas dianteiras. O seu rabo e tan tan abondoso que lle faí como contrapeso para engaripolarse polas ramallas saltando dunhas a outras con suma axilidade. Aqueles seres tan agarimosos tiñan un algo especial para facerse coa comida, e o saltar de aquel xeito sen tocar o chan, era algo sorprendente. Din que en tempos, estes animais percorrían a península Ibérica saltando de unha árbore a outro sen tocar terra tan sequera. Daquela ben sexa pola obriga, ou a que natureza coidábase de arranxar os bosques doutro xeito, a nosa nación atopábase máis rica nestes eidos, posiblemente nestes intres algúns dos homes teñan máis cartos que entón, e o seu poder tanto adquisitivo como político sexa outro diferente. Pero de seguro que con todo ese capital, non se podería recuperar en algures este recuncho do planeta, tal como estaba por aquel entón. Pero imos cos nosos personaxes que son os que nestes intres teñen que conformarse co que teñen aí diante do seu nariz e o seu redor, que aínda non é pouco por sorte.
A Pipo, xa o tiña acostumado dende pequerrecho a sacalo con el de paseo. Cando se mergullaban polas fragas na procura de niñadas de especies gaioleiras, quedaba calado como tentando colaborar co seu amigo Xulio. Naqueles intres, el quedaba a ollar para eles erguendo as súas orellas con gran interese. Aquel raparigo non se sabía o que tiña cos animais, que semellaba dominalos, poida que tivese un certo poder para co seu entendemento, xa que estes non fuxían como facían cando se achegaba outra xente, eles quedaban alí quedos, ou actuando libremente coma se nada fose con eles, sen importarlles a súa presencia. Era máis, semellaban atoparse ledos xunto del como se as veces quixeran falarlle.
Xulio botábase longo tempo falándolle o seu can o tempo que ollaban para os animais, pero a novidade daquel verán ía a ser unha parella tan peculiar, que despois de sobrevoar a zoa perante un tempo, remataron por facer o seu niño no cimo dun carballo, repolado naquel inverno.
Dúas cegoñas, esas das patas longas, remataban por asentarse preto da súa casa, estiveron barios días carrexando sen acougo, case se podía dicir que leña, porque eran uns garabullos gordos dabondo. Pouco a pouco aquelo íase semellando a un gran sombreiro, a arbore atopábase nas terras de Xulio case que o pé do camiño, el estaba moi ledo posto que sentíase case como o dono daquelas criaturas, como se as zancudas lle pertencesen. Dada a grandura da especie e sendo a primeira tempada que se asentaban pola zoa, causaba sensación para todaqueles que as ollaban, tentando achegarse a elas o máis preto que lles fose posible, elas estalicábanlles o seu pescozo longo e quedábanse ollando para as xentes curiosas famentas de querer saber. Os máis atrevidos chegaron en algún intre, a tirarlles algún coio para que ergueran o voo, e velas mellor, pero cando Xulio sabia destas argalladas, rifaba con eles a cotián.
_¿Estades fatos ou que? ¿que carallo facedes? ¿a vosoutros agradaríavos que cando estades cagando vos ceibasen pedras no lombo? ¿ por que lles tedes que tirar pedras? elas non se meten con ninguén, nin tampouco estorban
_¡Bo! tanta cousa por uns sinxelos paxaros- dílle Xosé quitándolle importancia
_Non son uns sinxelos paxaros, son cegoñas, e non ai moitas, por iso ai que agarimalas, non andar a pedras con elas, e máis, son miñas porque se atopan na miña leira ¿ sabes?- reprendelle Xulio enfurruñado
_¡ Non digas parvadas ! as cegoñas son de todos, e non son de ninguén- repon Xosé
_De ninguén non, de remate serán de Deus que supostamente foi el quen aí as deixou- replica o dono do cadelo- pero nestes intres considérome eu o cargo delas, por estar no meu carballo.
_¡Ben o ben! pois quedade con elas, que eu non as quero para nada, e máis, serian uns paxaros moi caros de manter polo grandes que son- remata dicindo Xosé
_Que non te volte a ver tirándolles nada- replicalle Xulio todo serio.

Xosé tiña a súa razón, tódolos seres vivos perténcense a eles mesmos, pero xamais a ninguén en particular, quen aí os puxera, no hábitat de cada lugar, deixáronos ceibos de todo, fomos despois nós os homes quen creamos a escravitude someténdonos, uns os outros sen acougo ata os nosos días. Pero aínda que nos creamos libres e ceibos por este mundo marabilloso, nós estamos máis encadeados que eses animais, xa que non ai liberdade sen cadeas. E esas cadeas, poñémolas nós mesmos moitas das veces, soamente pola avaricia.

O seu veciño marchou de alí dicindo algo polo baixo que o coidador da parella das patas longas non chegou a entender, pero tampouco lle preocupaba moito o que puidese dicir.
Xulio quedou alí, ollando para as cegoñas que erguían o seu pescozo mirando para el, ende o seu niño, como se quixeran darlle as gracias por defendelas dos intrusos. Aqui case cabería aquela poesia feita polo raparigo que poñaia así,

Os días pasan de longo
neses abriles floridos,
e as cegoñas sedentas
rematam por consentilos.
Agadaran varios soles,
pousadas sobor dos nidos
mainiñas e con acougo
a que saian os seus pitos.
E a lei da esperanza
esa que tanto domina,
cada quen loita cos seus
para facer pola comida.

Ende aquel día, dixéralle el moi serio, o seu cadelo Pipo
_Cando vexas a alguén facéndolles mal ou amolando as aves de mala maneira, ti ládraslle a quen sexa.

Nos días vindeiros, os dous inseparables amigos, o pequeno e mailo can, velaban con interese, tódolos movementos das zancudas, mentres que elas, un tanto alleas a todaquelo, seguían con gran esmero, no artellamento do seu niño. De cando en vez, quedaban ollando para os seus protectores, como expectantes daqueles observadores que estaban a seguir os seus movementos a cotián. Unha vez rematada aquela tarefa, a femia quedou no niño a facer a súa posta de ovos, e dende alí ollaban a Xulio e mailo Pipo con gram agarimo, os que facían garda case o carón do carballo para que ninguén desacougase as cegoñas. De tanto velos o pé da árbore, estas foron tomando confianza cos dous persoeiros, de tal xeito que cando aterraban, comezaron a irse achegando amodiño a eles cada día máis, ata chegar o seu carón. Nun comezo limitáronse a andar o redor deles e deixarse tocar polos raparigos, pero aquela mañá de domingo despois de chegar da misa de dez, cando o cadelo e mailo cativo estaban alí como tódolos días quedos, ollando para elas, achegouse o macho moi o carón do raparigo, fíxolles unha reverencia de pescozo como o cabaleiro a dama cando a saca a bailar, o cadelo fixo tamén un xiro de pescozo como se o entendera perfectamente. todaquelo era moi raro, e de cotián quedóuselle ollando moi fixamente os ollos do raparigo, quen comezou a sentir como unha musiquiña que lle chegaba o seu miolo sen saber certamente de onde viña, así estiveron un anaquiño ata que sentiu como se alguén lle mandase unha mensaxe a maxina "gracias por todo" a ave afastouse un chisco, e ergueu o voo na procura de algo que levarlle a súa compañeira que estaba a quentar os ovos. Mentres que Pipo ollaba, para o seu amigo, dando pequenos ladridos de ledicia o tempo que rixaba sobor de si mesmo como se estivera tamen agradecido pola confianza, como se o animal quixera dicirlle algo referente as cegoñas. Enm algures, elas facían aquel casteñeteo tan habitual cos seus picos longos, como golpes secos, posiblemente para tratar de aullentar a posibles inimigos.

A primavera remataba para entrar o veran, e os dous poliños postos de pe no niño, comezaban a dar os primeiros aleteos para aprender o arte do voar, así estiveron un tempo ata que un día
Despegaron. Os primeiros pláneos eran preto do fogar, pero pouco a pouco, fóronse soltando para ir cada vez máis lonxe. O máis curioso e engaiolador foi, que a familia das zancudas, estaban arreo co Xulio como se foran uns cadelos, mentres que o Pipo non se metía con elas como faría calquera outro can, e máis xogaba con elas como se fose outro elemento da familia, as aves deixábanse tocar soamente polo raparigo, que as deixaba que se metesen na casa. Elas eran moi limpas xa que non pasaban por onde houbera lama para non emporcarlles a casa. Todaquelo a familia do raparigo víñalles un chisco grande, parecíalles imposible o comportamento de aqueles animaliños e da confianza que ceibaban no seu fillo.
A solaina de verán apertaba forte, e soamente debaixo de algun arbore sintiase o acougo de fresco que ciebavan as súas ramallas. E mentres os mairandes acougaban debullando a sesta, os raparigos preferian ir ata o río a nadar nas tramquilas augas do Tordea que lles quedaba case que o carón.
Así que aquela tarde, cando Xulio viu a Xosé díxolle:
_¿Queres vir a velos esquíos na fraga?
_Eu xa os vexo na casa- repon o seu amigo.
_¿Como que os ves na casa? - preguntou Xulio
_Claro, meu pai ten unha parella disecada no cimo da moble do comedor- explica o Xosé
_¡Asasinos ! ¿ti parácheste a cavilar? Chega un xigante xunto de ti, céibache un tiro entre ollo e ollo, énchenche a bandulla de palla, e despois de sacarche todo o que tes dentro, déixante teso para o resto, para poñerte no cimo dun pao para que te teñas, ¿como o ves? -expuxo Xulio
_Home..., visto dende ese punto, non me agradaría para nada- reponlle
Xosé- pero eso xa non é o mesmo.
_¡Claro! porque nós somos humanos e dominadores ¿e certo?-expon Xulio
_Si, pero nós, somos os que mandamos neste mundo- expresa Xosé moi seguro do que dí.
_Daquela os animais so son uns ninguén que están aquí para servirnos a nós- segue a dicir o compañeiro de Pipo.
_Eso é, eu penso dese xeito- asegura Xosé
_¿E conque dereito te crees ti, para decidir a súas vidas? ¿que vos fixeron eses animais para que os teñades alí tesos na vosa casa?- pregunta Xulio con interese.
_A min nada, eso pregúntallo a meu pai que foi quen os matou- explica Pepiño- pero todo iso que me dixeches da palla ¿fixérono cos esquíos?
_Tal como cho digo- asevera Xulio.

Cando chegou a súa casa preguntoulle a seu pai.
_ ¿Como puideches facelo?-O seu pai, como lle fixera así a pregunta tan de súpeto, non sabia de que ía a cousa, pero o Xulio explicoullo de contado- O de matar os esquíos para disecalos, eso non está ben, eu prefería que estiveran rebrincando polas fragas antes de que teñan a bandulla chea de palla, ¿cando os mataches cavilaches de que podían ter filliños? e que puidesen chorar por eles
_¡Ben oh! eu cabilo que tampouco e para tanto, so son uns esquíos- repon seu pai todo tranquilo sen ver a importancia que o seu fillo estaba a poñer naquelo- como eu teños visto noutros sitios, agradábame ter uns a mín.
_Pois eso non está ben ¡que o saibas !-rematou Xosé.
_¡Claro! e se a todo o mundo se lle entoxa ir facéndose para o seu fogar cunha parella desas para o decoro persoal, pronto remataríamos ca fauna- exponlle indignado o seu fillo.
_Tes razón, coido que non o ollara dese xeito- dille o seu pai, apuntareino para os vindeiros.

Cando Farruco, o pai de Xosé, pasou o día seguinte por onde tiña gardada a escopeta, atopouna case que estragada de todo, como que xa non debería de ter arranxo, o pé dela había unhas pedras como se houberan caído sobor dela da parede, alá o carón do teito, e cavilou que se trataría de algún accidente. Perante o día, o Farruco foi cavilando no acontecido e do mal que lle parecera o seu fillo a matanza dos animaliños, pensou de preguntarlle algo sobre da escopeta pero... despois calou a boca, xa o sabería de calquera outro xeito.
A sospeita de Farruco ía en boa dirección, Xosé fora quen estragara a escopeta co a rabia de ser ela quen causara a morte dos esquíos.

Dende entón, o Pepiño fíxose moi amigo de Xulio, e a partir de alí comezaron unha boa amizade, e cavilar de outro xeito. O tempo que ía con el a miúdo a facer incursións polas fragas, na procura de niños cando era de xeito, coñecendo polo seu nome unha morea de paxaros, tamén se ían decatando de que aparecían outros novos que viñan chegados de outras terras, porque estas íanse facendo máis quentes, como a cegoña que achegara a este lugar polo mesmo motivo.
Eles vixiaban as costumes de case todo o que se movía, seres miúdos e alados que poboaban a natureza. Os pitos cando saian do ovo, como ían botando a pluma tan engordiño.
_Nestes intres ai que ter moito xeito de non tocalos, a parte por mor de que non anoxen, debese ter a procura de non levar as mans a cachola, se non queres que che caia o pelo- recomendalle o seu amigo- xa que cando estan a botar a pluma teñen a tiña.
El endesempre lle escoitara o seu ovo que era perigoso para o cabelo, aquela caspa que ceibaban.

O verán fora intenso en emocións xa que xogaran a cotiá sen acougo, ían polo río que estaba moi preto das súas casas, collían peixes pequerrechos, cunha media vella que lles deran na casa, para metelos nun balde, e ollar como nadaban alí dentro, e despois de telos uns días nos que lles daban migas de pan e trocarlles a auga a diario, soltábanos de novo no río para que se fixeran grandes.

O colexio xa comezara había unha tempada, e o tempo para xogar íase encollendo de cara o inverno, o outono comezaba a anegar as corredoiras coa folla das ábores. Xulio sabia que a migración das zancudas atopábase moi de preto, aquel sentir poñíalleme no peito coma unha dor, eran uns animaliños tan agarimosos, pero non podía facer nada para que se quedaran, era lei de vida, elas debían de seguir o seu ciclo.

Quedouse moi amargado aquela mañá de domingo cando o macho achegouse a el e ca reverencia acostumada púxoselle ollando fixamente moi de preto; de novo aquela musiquiña, na súa maxina, pero como mesmo mensaxe "gracias por todo" "ata outra",e saíu voando para axuntarse co grupo e emprender o voo de viaxe a outras terras descoñecidas, para fuxir da friaxe do inverno que se achegaba naquelas terras do norte; aquelas palabras ¿de onde sairían? el soubo que as cegoñas non eran aves falangueiras, pero ben, quixo deixalo como que sería cousa da súa mexina polo debecemento en deixar de telas o seu carón.

Outra vez aquela rutina obrigada dos estudios, a Xulio non lle agradaba nin chisca todaquelo, pero non había outra, seus pais dábanlle a brasa que se tiña que facer un home, e para chegar a selo de ben, tiña que estudiar e aprender moitas cousas que lle serían necesarias para o seu desenrolo no día de mañá. Xa que o futuro cada día era de máis concorrencia e so os mellores terían as máis boas oportunidades para abrirse camiño na vida, os demais teríanse que conformar co que quedase, pero Xulio tíñao moi claro, aquelo dos libros non lle agradaba, el seguiría a de seu pai, fontaneiro de profesión, aquelo de guiar a auga por un tubo resultáballe interesante.

A volta da escola o día era xa máis curto e despois de facer os deberes xa case non quedaba tempo para nada por non contar que o frío tampouco chamaba a estar fora, pero aínda quedaban os sábados e domingos. Preto da súa casa tamén tiña nogueiras de onde os esquíos achegabanse de cando en vez polo outoniño a roer nas noces que quedaban o alleo, aínda que os seus pais non lles agradaban tanto como o raparigo xa que os deixaban sen elas. Pola contra Xulio pasábao moi ben, posto que xogaban con eles subíndoselle as ombreiras e comendo da súa man, Pipo sempre estaba de observador coas súas orelliñas ergueitas vixiando todos os seus movementos. O que era moi interesante era ver como fendían as noces, aquela axilidade con que se defendían dos caparazóns deixándoas de cantado debulladas.
_Dicía meu avó que cando el era rapaz había centos delas- falaba Xulio contra Xosé
_O outro día na escola a profe díxonos que moitos dos animais en extinción son pola utilización abondosa de pesticidas que botan nos campos para matar os vermes, escaravellos e demais, despois cómenos cando teñen o veleno e morren, tamén din, que ai unhas xentes que son os que venden os productos, que teñen granxas de todos eses bichos inútiles, e cando eles queren espállanos dende os avións para que coman os froitos- asegura o Pepiño- así despois os paisanos teñen que mercar por forza para matalos, e digo eu, como o que queren e sacarnos os cartos, ¿porque non veñen a pedírnolos directamente? sen ter que envelenarnos, o mesmo tempo estarían a frear a morte de moitas criaturas inocentes
_Hoxe os meirandes so saben ir na procura de gañar cartos sen importarlles como facelo, nin a quen poden danar -expresa Xulio como doído- se o pensas ben, o mundo está feito unha porcallada, ai moreas de merda por tódolos recunchos, polas beiraestradas, polas ribeiras, nos montes, cada quen ceiba aí as súas desfeitas tan alegremente sen importarlle unha gaita se fai ben ou fai mal. Se o que produce todas esas porcalladas ¿por que non as deixa o pe da súa porta unha tempada? xa vería o noxo que da darse de fronte tódolos días con ela, por que temos que ceibarlla a alguén que non a produciu, como son os animais que ai ceibos polos montes.
_¡Anda! que nunha leira que temos nós o pe do monte, alí ai de todo como se fose un mercado, dende zapatos vellos pasando por cociñas, estufas, aparatos de radio, envases de manciñas, o inimaxinable podelo atopar a todo o longo da gabia, tamén está a reverter de cartóns de leite, todo por non pagar corenta pesos o mes. Algúns ata se atreveron a dicir que todos eses cartos poden mercar unhas zapatillas, e de vergoña- repon o Pepiño- se tés un pouco de tino pódelo artellar coma se fose un rastro, levas unha cousa e podes traer outra, ai de todo, aínda por enriba aqueles que fan esas cochadas son os que máis teñen que falar.
_Nestes tempos que percorremos, as autoridades non lles preocupa demasiado esas situacións, mentres lles voten cando o necesitan, o demais non ten importancia, e despois moito presumir de consellerías de medio ambiente,- opina Xulio cun chisco de rabia- non sei para que están ai parte dos funcionarios, a non ser para velas vir, o mellor meténdose con algún de nós que estamos a beira do río tentando coller un peixe cunha caña, e aquel que ben coa súa cisterna emporcada a lavala non o collen, no peor dos casos ata non o ven, e vaise tan tranquilo. En verdade, ben de ser unha vergoña.
_Eu se fose quen mandase ía a convocar un premio aquela aldea que demostrase ser a máis limpa- expon o Pepe
_Poida que fose unha boa idea- engade o Xulio como emocionado- así os veciños andarían a ter máis xeito con non emporcar, e pode que co tempo, e un chisco de guía por parte das autoridades municipais, puidese acadar algúns resultados positivos, ¿ti crees que nos escoitarían se imos a falar con eles?.

_Non sei eu..., esas xentes endesempre andan moi engaiolados coas súas cousas, e a dous cativos coma a nós non lles farían moito caso, pero..., por tentalo que non quede.
E como xa o tiñan seguro, aquela mesma mañá no recreo das doce, os dous amigos depuxeron de ir a falar co mandamáis do concello, posto que se atopaba case que de preto da escola. O chegar as oficinas municipais déronse cun empregado, que o ollar os dous cativos por alí, preguntoulle
_¿Vosoutros que queredes?
-Queremos falar co señor alcalde- dixo Xulio todo enteiro facendo de voceiro.
_¿Co alcalde? ¿e para que queredes falar con el?- preguntoulle de novo o escribente que estaba alí para evitar no posible que ninguén lle fixera perder o tempo a autoridade.
_Esas son cousas nosas e nada máis llas diremos o manda máis- engadiu Xulio todo ergueito
_ Non sei eu..., se vos poderá atender, pero ben voulle preguntar a ver.
O escribente marchou para dentro de outro departamento que podería ser o despacho do señor alcalde, o cabo dun intre voltou e díxolles:
_Tivestes sorte arestora non ten ningunha visita, podedes pasar, pero... non argalledes nada por ei, nin o amoledes con parvadas.
_Nosoutros non somos xente lixeira coma algúns maiores- díxolle Xosé polo baixo, cousa que o dependente das oficinas colleu de contado e fíxolle ceibar un sorriso, dicindo.
_Carallo para os cativos, que claro o teñen.
Os dous compañeiros de colexio pasaron o despacho do alcalde, quen os atendeu de contado, erguéndose da mesa para saír a recibilos
_Vos días rapaces ¿ a que se debe a vosa visita?.
_Vímoslle a propoñer unha idea para rematar co lixo que ai ceibo sen control polos recunchos do concello- seguiu de voceiro Xulio
_¿E cal é esa brillante idea ?- preguntou o mandatario
_Propoñémoslle que convoque un premio a aldea máis limpa e libre de lixo do concello, por ver se as xentes teñen conciencia do erro que estamos a cometer, esquecéndonos das desfeitas, así o mellor os maiores como lles gustan tanto os cartos, aínda que tamén a nós os máis cativos, o mellor anímanse a colaborar- seguiu expoñendo Xullo
_Xa sabe vostede, que algúns polos cartos perden o cu- dixo Xosé
O mandatario do concello quedou ollando para os dous un intre cun sorriso entre dentes, dándose por aludido, pero calou, aquelo de perder o cu polos cartos, non sabia se ía con segunda, pero había moita xente nesa procura, na que tamén se podía contar el. Pero o que se lle facía novidoso era que aqueles dous raparigos estiveran preocupados por algo que as persoas feitas e dereitas tíñanlles sen coidado.
_Esta ben, pensareino e xa bos direi algo disto, pero non caerá en saco roto, pódovolo asegurar.
_¿Que nos quere dicir con eso?- pescudou Pepiño
_Que, posto que a idea ben de vos, estudiareino con interese, ¿quedades contentos?- preguntoulles o rexedor cun sorriso nos
beizos
_Se é así, ímonos contentos, pero non sei eu, vostedes os políticos son desas xentes que endexamais dicen que non, pero despois, fan o que lles da a gana- rematou dicíndolle Xulio todo sereno
O rexedor quedábase abraiado movendo a cachola e sorprendido, cavilando, como que xentes tan cativas tiveran aquelas respostas tan axeitadas, de tódolos xeitos, foinos despedir ata a porta do despacho, e aseguroulles que o estudiarían no próximo pleno ordinario. Era evidente, que tamén se podía aprender dos mais cativos,deles tamén podían saír boas ideas, e aquela non ía desaxeitada

Pasara xa todo o inverno, todo aquel tempo tan longo para os cativos onde non teñen case a que adicarse, se non fora polas tarefas da escola que a veces abonda con elas, xa que os días son tan curtos que cando queren decatarse xa non lles queda luz, e soamente reina a escuridade. De tal maneira que o tempo de lecer queda recunchado a pouco, pero queda a esperanza da desexada próxima primavera que traerá aqueles fermosos xermolos que darán vida a outra xeración, e con eles as agardadas cegoñas que alegraran os días dos dous inseparables amigos.
O inverno coas longas noites de choiva, xa ía quedando lonxe de aquelas datas. E no despuntar da nova quincena de marzo, a Xullo xa lle tardaba que as súas amigas non chegaran, el sentíase magoado por non telas alí de preto.
Despois da volta do colexio, el e mailo seu amigo Pipo bótanse as horas ollando o ceo por mor, e se un casual apareceran planeando, atrasaban a súa volta ¿ porque que seria ?. Pero aquela mañá o erguerse e mirar pola fiestra, e viunas pousadas picando no chan, o corazón deulle un brinco, sen pensalo nin chisca votou escaleiras abaixo, e abriu a porta para ir na súa procura, elas non se asustaron o velo correndo na súa procura. E máis, cando chegou o seu carón, o macho quedou maino coma un cadelo cando lle pasou a man polo pescozo en son de saúdo, elas ollábano fixamente coma se quixeran falarlle e darlle a súa novidade de estar tanto tempo fora daquelas terras, e de onde estiveran. Xulio por fin xa as tiña o seu carón e podía de novo ser o seu amigo compartindo o tempo con elas.

A primavera comezaba a estalicar nos seus días, e con eles os paxaros ían aderezando o entorno cos seus gorxóns, que todos xuntos facían coma unha fermosa banda de músicos da natureza, que por intres poñía a pel de pita o sentirse tan ben acompañados. Sobre todo o alumear o día, aquel silencio roto soamente polo trilar dos paxaros, o cheiro da saraibiñas, ese orballo do amencer, non se sabe o que é, pero... todeste comezo da vida, ten unha beleza especial, e dándolle o seu ton, o cantaruxar dos galos.

Xulio e máis Xosé, nos fins de semana, saian a veces cediño para gozar desas pequenas cousas co que a natureza nos agasalla, posto que son uns devecidos polo medio natural, e arestora que voltaban a ter alí as súas amigas, máis aínda. As xentes dos redores non chegaban a entender que as aves fosen tan agarimosas cos dous rapaces, xa que en algures seguíanos a calquera recuncho como se foran uns cadelos, tamén elas quedábanse ollando para unha rosa cando Xulio o facía, este daba gracias a Deus por vivir alí tan de preto a todaquelo, e a seus pais tamén por habelo traído de pequerrecho aqueles paraxes, posto que el fora nado nunha gran cidade, aínda que despois andando no tempo botaría en falla en algures o ferver das xentes e o ambiente deses eidos, pero arestora estábao vivindo a tope. El tíñao moi claro había que sacarlle partido o presente e o día a día. Xulio, case cada verán voltaba aquela gran cidade na que chegara a vida, alí tiña aínda case que toda a familia tanto por unha banda coma pola outra, Xosé pola contra descoñecía todo ese ambiente, e non o valoraba tanto, como fora nado no rural non podía ver as diferencias, por eso o fillo do fontaneiro podía comparar o modo de vida de cada lugar.

Era xa de noite e Xulio quedou alí un bo anaco ollando para as estrelas que fermosas eran, ¿que habería detrás de todaquela aboveda azul farta de estrelas ? unhas ciscadas sen xeito pero outras aliñadas como por entoxo de alguén, e facendo figuras xeométricas, todaquelo tiña que ter unha explicación, el non daba creto a que estiveran alí por capricho, tiña que haber outras razóns de peso, sobre todo eso, xa que pesar pesarían o seu, Xulio facíase moreas de preguntas ¿quen ordenaría o mundo? quen o fixera non se lle movía un pelo de parvo, así
estibo perante un tempo, alí ollando para o ceo con gran interese ata que súa nai o chamou para dentro.
_¡Papa! estou moi ledo de ter a nosa casa preto das fragas e deste río tan fermoso que pasa o noso carón, a cidade gústame moito -dicíalle referíndose os dous- tamén e moi fermosa, sobordado cando imos a praia, pero... o campo e algo que me chifra, o ollar tanta natureza xunta, o poder percorrer as corredoiras e vieiros ca miña bicicleta e cos meus amigos, aínda que sexan poucos, e algo que me engaiola.
_Pero na cidade atopase todo máis limpo e ai alumeado nas rúas, están as cousas máis de preto- díxolle súa nai por saber o seu cavilar- sobordado as lambetadas.
_Si, pero alí non se pode ollar para as estrelas con tanta liberdade e tan claramente coma aquí, e o alumeado, xa o poñerán algún día -respostou o cativo con toda a natureza- ¿sabedes unha cousa? saíu nas noticias que un astrónomo, ollando por un deses grandes telescopios que dan voltas polo espacio, atopou preto da osa maior unha morea de galaxias que podían representar multitude de posibilidade de vida
_Eu entendo pouco desas cousas, pero...¿como e que tés tanto interese por ese tema?- preguntoulle a nai
_A papá tamén lle agrada ese tema, posiblemente el me fora metendo un chisco niso. Poda que alá moi lonxe, máis alá da lúa e do sol, haxa tamén outros país preocupados polos seus fillos igual que vos. ¿Como estará aquel mundo? máis cordo ou máis tolo que este, xa que este é abondo ó tolo que está- dicía Xullo con toda seriedade coma se fora unha persoa adulta- xa que eso das guerras nunca o entenderei, ¿porque en algunhes países teñen que andar a cotío rifando entre eles para rematar a tiros e canonazos, o das bombas antipersoais e unha autentica barbaridade, saen polo televexo esas xentes sen pes e sen brazos, ¿que dereito teñen uns seres humanos sobre outros para decidir as súas vidas dese xeito?.
_Tes razón fillo, pero esas preguntas que ti te fas, fanas moitas outras persoas tamén e non atopan resposta- engadiu súa nai mentres pelaba unhas patacas o pé da cociña.
_Xa a vida mesma é un risco, pois tamén escoitei que alá polo ano dous mil dezanove corremos o risco de que un asteroide de tamaño considerado se achegue o noso planeta e impacte contra terra- engadiu Xulio.
_Agardemos que eso non sexa certo, e se é, que os gobernos fagan algo para evitar o perigo- díxolle a nai un tanto asustada

A Xulio e máis Xosé, tíñaos moi preocupados o presente do tempo que lles estaba tocando vivir, todaquelas moreas de xentes que morrían a diario, xa non digamos polas estradas do seu pais, aínda que moitas delas eran por incompetencias do ser human, polas présas inxustificadas, xa que non era mester ir por las estradas dese xeito, era máis preocupante aquelas xentiñas que chegaban o seu pais fuxindo das extorsións dos seus mandatarios de quenda, que famentos por máis cartos e podres de diñeiro, posto que moi lonxe de embestilos naquelas nacións onde os roubaran e nas que estaban a gobernar. Levaban todaquelas ganancias vergoñentas para terceiros países, sen importarlles as necesidades dos seus concidadáns, que faltos de un traballo merecente, caen nas redes das mafias e arríscanse a embarcarse en aventuras estrañas totalmente descoñecidas para eles. Así estaba o mundo e non era doado arranxalo a curto tempo, por eso había intres que os dous amigos dábanse por satisfeitos o pertencer o país que os vira nados, e no que tiñan a satisfacción de poder estar con tranquilidade.

Sentiron unha sensación estraña cando aquela maña o profe lles presentou un cativo, que fuxindo xunto coa súa familia, chegaba dunha desas nacións das que son saqueadas por eses seres sen sentimentos, que por pendurarse medallas nos seus casacos, non lles importa un carallo dezmar a terra con tal de saírse coa súa idea perfecta de gobernar. Sen importarlles o ter que arrasar as cidades, sen cavilar por un intre do mal psicolóxico que sementan nos seus irmáns que fan deles un pouco menos que fuxitivos, espallados por medio mundo, por non dicir enteiro. Se o cavilaran un chisco, non o farían, pero as cousas estaban así e non era doado arranxalas.
Os dous de sempre preguntábanse moitas veces ¿por que eran tan famentos e trapalleiros os homes? ¿porque aquela avaricia desmedida por ter e ter sen medida? que non se vían cheos endexamáis, sen importarlles un carallo o próximo. Aqueles dous amigos, facíanse tantas preguntas que non tiñan a resposta, na que cabería esta idea de coller o que non e dun.

Foi camiño de Rosende
pretiño dunha carreira
no cimo daquela fonte
atopei unha moeda
e tiña a cara dun home
daqueles que raxan tela
tan ledo me atopaba
cos cartos na entretela
que eu non me decatara
de que alguén alí a puxera.
Meniño dáme eses cartos
Que eu son o dono deles.
De eso nada meu señor
na fonte eu atopeinos
no chan estaban tirados
alí o carón dela.
Co feito de estar chan
non podes botar man dela
tamén aí puxo Deus
o ceo e maila serra
e non por eso ti podes
lixeiramente collela.

Era unha simple moeda, sen saberse o balor que tiña, pero os dous persoeiros creían ter o dominio do atopado, e o outro do que perdera. Así é como ambolosdous tiñan puntos de vista diferentes, e como se pode encetar unha liorta por calquera minucia. Deste xeito tamén é como certos países feudais e ata demócratas, tenden a aparafusar as xentes de diversas maneiras, ben pagándolles pouco o bendéndolles cousas que a longo prazo serán perxudiciables para a poboación. Pero o tr

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis